A marca Chula Fashion recala no municipio para amosar os seus diseños de alta costura vietnamita

Comparte esta nota de prensa

A localidade de Ares acollerá o próximo mércores, día 10, un evento que non te podes perder: o desfile da marca de alta costura Chula Fashion, nacida de raíces españolas e mesturada coa cultura vietnamita, cun alto compromiso co traballo ético e inclusivo, e que está presente en varios países de Asia, mais tamén en España.

Se queres coñecer os seus deseños exclusivos, da man da súa creadora, a través do acto que se desenvolverá coa colaboración da concellaría de Cultura aresán, non deixes pasar a oportunidade de achegarte o mércores, día 10, a partir das 20.00 horas, á Praza do Pedregal de Redes, a descubrir e admirar unha mostra de pezas creativas únicas de arte usable!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.