O Concello de Ares recibe unha axuda da Excma. Deputación Provincial da Coruña correspondente ao Programa MA100: Subvencións a concellos para limpeza de praias marítimas para o ano 2025.
O Concello de Ares recibe unha axuda da Excma. Deputación Provincial da Coruña correspondente ao programa MA100: Subvencións a concellos para limpeza de praias marítimas para o ano 2025, por un importe de 25.973,08€. O obxecto deste programa é apoiar aos concellos da provincia da Coruña no sostemento dos gastos de contratación dirixidos á limpeza […]
Obradoiros para aprender a reciclar dende a infancia

O CPI As Mirandas acolleu hoxe tres sesións orientadas a establecer bos hábitos de reciclaxe nos máis pequenos e pequenas do colexio, impulsado a través da Concellaría de Medioambiente de Ares. O alumnado de 1º, 2º e 4º de primaria do CPI As Mirandas aprendeu esta mañá a relevancia da regra das tres ‘R’ […]
Peche provisional do aparcadoiro de residentes de Redes por obras de mantemento e xardinaría

O Concello vén de informar do peche provisional do aparcadoiro de residentes de Redes para executar varias intervencións de mantemento e xardinaría nesta infraestrutura. Así, dende esta mesma noite do xoves, 6 de novembro, a partir das 22:00 h. e até a finalización dos traballos que se realizarán ao longo da xornada do venres, 7 […]
‘A hora sinalada’: un libro para narrar o desarraigo e as transformacións identitarias da migración

O Espazo Lector Nobel da Coruña acolleu onte a presentación da novela A hora sinalada, obra coa que Rafael Catoira acadou o Premio de Novela Curta Alén Concello de Ares 2025, publicada recentemente no catálogo de Hércules de Ediciones. No acto, o autor conversou coa concelleira de Cultura, Alma Barrón, e coa editora de Hércules de Ediciones, Laura Rodríguez, arredor desta historia narrada […]
O Banco de Alimentos Rías Altas precisa de voluntarios/as en Ares para a súa recollida solidaria

Durante as xornadas do 7 e 8 de novembro, o Banco de Alimentos Rías Altas organizará unha recollida solidaria en Autoservicios Familia e Supermercados Froiz da nosa vila. Con todo, dende o Banco de Alimentos veñen de solicitar axuda: necesitan voluntarios e voluntarias que axuden a coordinar a recollida nos dous supermercados. Os interesados poden […]
Ares énchese de cultura e deporte neste último trimestre do ano

Os meses que restan deste 2025 chegarán á vila cunha axenda chea de actividades para todos os públicos: espectáculos musicais, actividades deportivas, eventos polo Nadal, obradoiros na Biblioteca Municipal de Ares… e moito máis! Se queres saber máis do programa municipal, consulta o calendario que deixamos aquí embaixo e vai marcando as propostas que máis […]
O Concello remata coa instalación do equipo de bombeo no aparcadoiro da Reitoral

A área de Urbanismo vén de informar da finalización das obras que se estaban a executar no aparcadoiro da Reitoral de Ares, no seu núcleo urbano, destinadas a incorporar un equipo de bombeo para a recollida de augas pluviais. Durante estas últimas semanas, os operarios instalaron dúas electrobombas somerxibles, xunto cunha tubería de impulsión de […]
O Concello incorpora 4 novos minipuntos limpos no termo municipal

Este novo mobiliario xa está operativo en Chanteiro, Redes, Cervás e Lubre, promovendo unha mellora das opcións de reciclaxe e tratamento de residuos tamén nos núcleos das parroquias. Con eles, a rede de minipuntos limpos fixos elévase ata 7, ao que se lle suma o móbil, que leva un percorrido itinerante ao longo do ano […]
Miguel Carretero Rivas: un orgullo aresán no jiu-jitsu

O noso veciño Miguel, pertencente ao club de Ares Ártabros Team, colleitou nestes últimos meses sendos recoñecementos deportivos: acadou catro pódiums en dúas competicións de brazilian jiu-jitsu (BJJ) a nivel galego e europeo, levando o nome da vila por todo o territorio nacional. Primeiro participou na Galicia CUP BJJ 2025 celebrada o 13 de setembro […]
Ares propón un Magosto e Samaín familiares na pista cuberta do CPI As Mirandas

Todo listo para celebrar o Samaín e Magosto municipais na localidade aresá. Así o anunciou a Concellaría de Cultura, que desvelou as propostas desenvoltas dende o Concello para o vindeiro 9 de novembro ás 17:00 horas. A pista cuberta do CPI As Mirandas acollerá un abano de actividades destinadas ós pequenos e pequenas e ás […]
A Alianza Aresana acollerá o relatorio ‘Irracionalidade política na sociedade contemporánea’

O licenciado en Filosofía e tamén mestre de escola Juan Sanjurjo estará o vindeiro 6 de novembro, a partir das 19:30 h., no salón de actos da Alianza Aresana para reflexionar publicamente arredor da sociedade de hoxe e a súa relación co eido político. Baixo o nome ‘Irracionalidade política na sociedade contemporánea’, Sanjurjo debullará cuestións […]
Cambios no servizo de recollida de lixo en Ares mañá, 4 de novembro, pola celebración de San Martín de Porres

Mañá, 4 de novembro, non haberá servizo de recollida de lixo por parte da empresa responsable do tratamento dos residuos por mor da celebración de San Martín de Porres, patrón das persoas que traballan no sector da limpeza. Establécese un servizo mínimo de limpeza viaria de un (1) operario que realizará as tarefas de varrido […]