Javier Varela achégase a Ares para presentar ‘Luces en la tormenta’

Comparte esta nota de prensa

  • O autor conversará o vindeiro venres, 12 de xuño, ás 20:00 h. coa concelleira de Cultura, Alma Barrón, arredor deste conxunto de relatos de narrativa psicolóxica.

 

O salón de actos da Alianza Aresana acollerá este venres, 12 de xuño, unha nova presentación literaria co foco posto en ‘Luces en la tormenta’, o libro de relatos do escritor Javier Varela.

A partir das 20:00 h., o autor estará xunto coa edil de Cultura, Alma Barrón, falando arredor destes textos que se vinculan coa narrativa psicolóxica, onde gran parte da acción acontece internamente nos protagonistas, respondendo ademais á pregunta de que pasa cando non te queda nada ao que aferrarte, e semella que o mundo se derruba. Que faros xorden nesas situacións vitais, e como é posible saír máis fortalecido ante estas experiencias complicadas que nos atravesan.

Así, os relatos de Luces en la tormenta sitúan ó lector ante nove vidas ao borde do abismo, nove crises transformadoras e nove personaxes que, xusto no límite, atopan unha chispa de esperanza entre a oscuridade.

SOBRE O AUTOR

Javier Varela, afincado en Ferrol, é escritor e musico. Enxeñeiro de formación, durante anos compaxinou a súa profesión técnica cunha consulta privada de naturopatía. Despois de décadas escribindo e compoñendo en privado, na actualidade adica o seu tempo á creación tanto no eido musical coma literario.

Luces en la tormenta: relatos al borde del abismo é a súa primeira obra publicada, namentres traballa xa nunha próxima novela.

 

Pódeche interesar