O proxecto “Cruza sen mirar”, deseñado para pensar a migración de Ares, desvela o seu videopódcast

Os veciños Rogelio Ríos, Dioma Diouf e Ernesto López Naveiras dialogan arredor do proceso migratorio, interconectando a emigración galega retornada e a que chega á vila. O equipo de Tarabela Creativa vén de publicar a conversa íntegra na súa canle de Youtube, co patrocinio do Concello de Ares. Un diálogo entre a emigración de […]
Renovación do DNI o 11 de decembro na Biblioteca Municipal de Ares

O 11 de decembro poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares! Concerta a túa cita acudindo presencialmente ata alí ou a través do teléfono ☎ 981 448 057 no horario de apertura da biblioteca. Lembra que podes realizar a renovación do DNI ata 6 meses antes da […]
Punto limpo móbil instalado en Redes (11.11.2025)

O punto limpo móbil do Concello xa está dispoñible esta semana en Redes para a recollida de residuos especiais! Lembra que alí podes depositar: ✅ Pilas e baterías, ✅ Lámpadas e tubos fluorescentes, ✅ Aceites vexetais e minerais, ✅ Pequenos electrodomésticos, ✅ Roupa e calzado.
A nova edición do MercAres regresa un ano máis á vila para dinamizar o consumo de proximidade entre a veciñanza

O Concello impulsará do 1 de decembro ao 31 de xaneiro esta campaña de fomento de compras na hostalería e comercio local que contará coa participación de 87 negocios aresáns. Durante esas datas, a administración local repartirá 6.500 euros en forma de vales-rascas distribuídos entre os locais adheridos á campaña, que contarán cun selo identificativo […]
O pavillón polideportivo de Ares acollerá dúas competicións de baile

A primeira edición do Trofeo de Baile Deportivo e o Campionato Galego de Danza Coreográfica organizaranse este vindeiro fin de semana no pavillón deportivo municipal aresán. Será o domingo, 16 de novembro, a partir das 10:00 h. cando comezará a actividade destes dous certames, que están organizados polo Club de Baile Deportivo de Narón, coa […]
O Concello impulsará unha xornada divulgativa para analizar o impacto da violencia de xénero o 25N

O 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a Alianza Aresana será epicentro dun conxunto de conferencias e mesas redondas con expertas de diferentes eidos, dende o traballo social até o enfoque máis xurídico. 4 conferencias e 1 mesa redonda compoñen o programa desta iniciativa, que recibe o nome de […]
Ares vive un Samaín e Magosto entre castañas, ánimas e cabazas!

Este domingo tivemos disfraces, música e unhas cantas gargalladas na pista cuberta do CPI As Mirandas coa celebración do Samaín e Magosto municipais. As familias gozaron das actividades que se propuxeron dende a Concellaría de Cultura, con obradoiros –un de feridas e maquillaxe e outro de chupa chups vampíricos–, inchables, o cantabaila, animación musical e, […]
Nova presentación na Alianza Aresana co libro ‘Memorial e monumento ás vitimas do franquismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal’

Antonio Blanco Carballo, autor do volumen, e Julio Ignacio Iglesias, alcalde de Ares, conversarán sobre esta publicación que aborda unha temática fundamental na memoria da comarca. Será o vindeiro venres, 14 de novembro, a partir das 19:30 horas. A Concellaría de Cultura vén de desvelar o próximo acto que se promoverá nas instalacións da […]
Programa POS+ 2025: Actuacións no Concello de Ares
O Programa POS+ 2025, impulsado pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Ares, ten como obxectivo fomentar o desenvolvemento local, mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, e promover a cohesión social. Grazas a esta colaboración, poderanse executar actuacións clave en urbanismo, infraestruturas rurais e servizos sociais, garantindo a modernización de […]
Buscapistas nunha biblioteca de medo

Os rapaces e rapazas dende os 3 aos 12 anos pasáronno en grande esta semana nas instalacións da Biblioteca Municipal de Ares na procura das pistas que lles deixou o seu equipo dinamizador. Dentro da iniciativa ‘Unha biblioteca de medo’, a mocidade aventurouse entre a escuridade e as pantasmas para resolver o xogo . Lanternas, […]
Juan Sanjurjo reflexiona sobre a situación do ecosistema político actual

O salón de actos da Alianza Aresana acolleu onte o relatorio “Irracionalidade política na sociedade contemporánea”, unha cita promovida pola Concellaría de Cultura coa participación de Juan Sanjurjo, licenciado en Filosofía e mestre de escola. Ao longo da sesión e en conversa coa concelleira de Cultura, Alma Barrón, Sanjurjo convidou ao público a pensar con […]
O Concello presenta a última edición da Academia AresXSaúde: 7 sesións para fomentar os hábitos saudables entre a veciñanza

A iniciativa manterá o seu carácter divulgativo traendo á vila a profesionais do eido da saúde, dende psicólogos a especialistas en actividade física ou na nutrición, para que poidan interactuar cos veciños e veciñas. A primeira das sesións será o vindeiro 21 de novembro, co foco posto na xestión emocional. A Concellaría de Benestar […]