O Prados Vellos acolle o peche do Campus de Porteiros Sergio Álvarez da Fundación Celta
Durante toda esta semana, o campo municipal de Prados Vellos foi o epicentro das sesións formativas do ‘Campus de Verán de Porteiros Sergio Álvarez’ da Fundación Celta de Vigo, unha modalidade que se consolidou como a principal novidade deste evento de mellora técnica que promoven conxuntamente o club olívico e o Concello durante os últimos […]
Os golfiños protagonizan as viaxes en barco do M. Presas
Continúa o servizo municipal de Ares dende o Mar, os percorridos turísticos a bordo do M. Presas que se desenvolven cada sábado e domingo, tanto de mañá como de tarde, durante o período estival, perfectos para redescubrir a paisaxe aresá dende unha ollada diferente, litoral e mariñeira. Mais as viaxes en barco non só permiten […]
Máis de cen corredores chegarán a Ares na XXXII Milla Urbana do 3 de agosto
A cita deportiva, inscrita como proba oficial da Federación Galega de Atletismo e pertencente ao Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, é xa un referente no período estival da vila pola súa longa tradición. A casa consistorial acolleu o acto de presentación oficial, onde se lembrou a posibilidade de formalizar xa a […]
O Concello presenta a nova edición do Ares Indiano para viaxar un ano máis ao pasado da vila
Representantes institucionais desvelaron o cartel deste ano, mais tamén adiantaron algunhas novidades da programación que se materializará no municipio durante a fin de semana do 16, 17 e 18 de agosto. Concerto de Sés, arte en directo coas acuarelas de Blanca Escrigas ou o XXXVII Rallie Teresa Herrera de automóbiles históricos, entre algúns dos destaques […]
RESULTADOS DA XXVII TRAVESÍA A NADO RÍA DE ARES 2024
CATEGORÍA A: HOMES Nicolás Iglesias Romero (00:09:51.494) Alejandro López Salgado (00:10:00.858) Héctor Pintado Expósito (00:15:22.718) Miguel Cristobo Rodríguez (00:17:57.263) CATEGORÍA A: MULLERES Alejandra Valtuille Caruncho (00:09:39.068) Sabela García Díaz (00:10:10.259) Carla Pico Espantoso (00:10:26.596) Lola Piñeiro Seijas (00:10:28.783) María Álvarez Núñez (00:10:42.718) Alejandra Durán Calvo (00:12:37.252 ) Susana Rodríguez López (N/A) CATEGORÍA B: HOMES Roque […]
O mes de xullo baixo a ollada do ConciliAres
Encaramos os últimos días do mes cun percorrido polo que viviron os nenos e nenas do ConciliAres 2024! Desta volta tocou meter as mans en fariña para facer os seus propios bolos, pero tamén gozar dalgunhas xornadas de praia, en contacto coa natureza e o patrimonio natural aresán, pintar, xogos no exterior ou algo de […]
Punto limpo móbil instalado en Chanteiro
O punto limpo móbil do Concello vén de ser instalado na contorna de Chanteiro esta semana. Deposita alí: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.
A Travesía a Nado Ría de Ares conclúe con máis de cen nadadores e nadadoras
Malia as condicións climatolóxicas, a XXVII Travesía a Nado Ría de Ares saldouse con éxito de participación incorporando a preto de 120 nadadores e nadadoras nas súas diferentes categorías tanto de crianzas como maiores. A rampla grande da vila acolleu esta edición na que se volveu facer fincapé no fondo raigame que ten na oferta […]
Embarcacións tradicionais navegan na ría polo IV Memorial Nancho Real
A XXI Concentración de Embarcacións Tradicionais Porto de Redes – IV Memorial Nancho Real disputouse cun vento que respectou a organización do evento durante a xornada do sábado, 20 de xullo. Quen ollase cara a ría atoparía unha imaxe singular grazas a esta regata que xa supera os trinta anos materializándose na contorna de Redes, […]
Contratación de 1 PEÓN FORESTAL para a realización da obra/sevizo “Coidados Forestais” subvencionado pala Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
ACTA COMISIÓN SELECCIONADORA Reunidos no Concello de Ares, senda as 09:30 horas do día 17 de xullo de 2024, as Sras/Sres. ó marxe indicados, coa finalidade de procederá contratación de 1 PEÓN FORESTAL para a realización da obra/sevizo “Coidados Forestais” subvencionado pala Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Presidente: D. Angel Rodríguez Calviño Secretaria: Dª […]
O Concello dá inicio ao ciclo de cine de verán ao aire libre
O patio das Escolas do Lago acolleu onte a primeira das proxeccións que organiza a Concellaría de Cultura do municipio no marco do Ciclo de Cine de Verán, unhas programacións cinematográficas que se producirán ao aire libre totalmente de balde coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Desta volta, o ciclo arrancou con […]
Os oito mitos de Palermo, o poemario que viaxa cara o abismo dun mesmo
O artista aresán Antonio Seijas, polifacético na construción do seu propio universo creativo dende a fotografía, a novela, a ilustración ou a pintura, presentou este venres pasado a súa última publicación, Os oito mitos de Palermo (Aira Editorial, 2024), acompañándolle a escritora Andrea Maceiras, a violoncellista Emma Urango e a concelleira de Cultura, Alma Barrón. […]