Ares clausura a última edición do Campus Chiquibásquet
O pavillón polideportivo municipal acolleu o venres pasado a clausura do XVI Campus Chiquibásquet, poñendo así o peche á programación lúdico-formativa que se desenvolveu durante toda a semana e que se materializou coa intervención da Concellaría de Deportes. Uns 40 rapaces e rapazas recibiron o seu diploma acreditativo e concluíron a súa experiencia neste evento […]
Inaugúrase a mostra pictórica de Gloria López, ‘Bailarinas envueltas en poesía’
A Casa da Xuventude Municipal acolleu na tarde de onte a inauguración oficial da última exposición que instalou a Concellaría de Cultura no seu andar superior: ‘Bailarinas envueltas en poesía’, unha colección de cadros pintados pola aresá Gloria López que se hibridan con composicións poéticas relacionadas con cada obra. Até o 16 de agosto, veciñanza […]
Ares mostra os seus atractivos turísticos en Equiocio 2024
Un ano máis, a nosa localidade atópase representada en Equiocio, unha das principais citas deportivas arredor da hípica organizado en Ferrol, anais dun dos eventos chave á hora de divulgar a riqueza patrimonial e paisaxística da comarca pola gran afluencia de persoas que recibe. Por iso mesmo, a Concellaría de Turismo dirixida por Lucía Blanco […]
Nota Informativa XXXII Milla Urbana Concello de Ares
Horarios de retirada de dorsais A Concellaría de Deportes vén de comunicar o horario final para o reparto e retirada de dorsais, que se realizará nas seguintes xornadas: Xoves, 1 de agosto, de 9:30 a 13:30 horas, na Alianza Aresana. Venres, 2 de agosto, de 9:30 a 13:30 horas, na Alianza Aresana. Sábado, 3 de […]
Rapaces e rapazas do VeraneAres Deportivo adéntranse no patrimonio natural aresán
Se hai algo que destaca en Ares, é a riqueza do seu patrimonio natural: do verde das paisaxes de interior ao amarelo das praias e o azul da nosa ría. A natureza segue a ser un deses elementos que singularizan á vila e que a converten nun punto de referencia na práctica turística e de […]
Principia a XVI edición do Campus Chiquibasquet de verán
O son das zapatillas sobre a pista, o eco dos balóns de baloncesto e as instruccións dos monitores do XVI Campus Chiquibásquet de Verán enchen o pavillón polideportivo de Ares dende onte até o 2 de agosto. Esta nova edición do evento formativo que promove Chiqui Barros ano tras ano na localidade vén de arrancar […]
As bailarinas da pintora aresán Gloria López estrénanse na Casa da Xuventude
Dende o 1 até o 16 de agosto, o andar superior da Casa da Xuventude de Ares acollerá unha nova mostra pictórica no marco do seu ciclo de exposicións multidisciplinares, achegándose desta volta ás obras de María Gloria López Villares. Instalarase a súa exposición ‘Bailarinas envueltas en poesía’, un conxunto de cadros que teñen tamén […]
Punto limpo móbil instalado en Cortiñas Gil
O Concello vén de instalar o punto limpo móbil na contorna de Cortiñas Gil, no núcleo urbano de Ares. Lembra que poderás depositar nel os seguintes residuos domésticos: Pilas e baterías Lámpadas e tubos fluorescentes. Aceites minerais. Aceites vexetais. Pequenos electrodomésticos. Roupa e calzado. Aproveita e desfaite do que non precises para que poida ser […]
Ares, en solidariedade co pobo saharaui dentro de ‘Vacacións en Paz 2024’
A concelleira de Igualdade e Benestar, Victoria Montenegro, recepcionou onte a Rabab Said Mohamed, a nena saharaui procedente de Tinduf (Alxeria) que pasará os meses de verán na nosa vila acollida nunha familia da contorna, evitando así as altas temperaturas do deserto e promovendo unha mellora do seu benestar xeral. En colaboración coa Asociación Solidariedade […]
Chanteiro anímase co balompé no III Torneo Maratón de Fútbol Sala
Esta fin de semana o Centro Cultural Outeiro de Chanteiro encheuse de xogadores no marco do III Torneo Maratón de Fútbol Sala, unha iniciativa que abrangueu do venres ao domingo, 28 de xullo, e que xa conta coa participación de equipos de diferentes localidades da comarca. Formacións de Ares, mais tamén de Cedeira, As Pontes […]
Un arroz para coidar da memoria da vila
Nunha paella de 1,90 metros de diámetro, a veciñanza puido ver como pouco a pouco cobraban cor as preto de 600 racións da 1ª Festa do Arróz con Garrafón, organizada conxuntamente entre o Concello e a Comisión de Festas do Mar. O Parque Rosalía de Castro foi o escenario deste novo evento gastronómico en Ares […]
Doa sangue na vila
En Ares, hoxe, luns, 29 de xullo. ‘Ás veces a recompensa non é gañar unha medalla, nin quedar o primeiro, non é gañar un segundo ao crono, ás veces a recompensa é gañar unha vida’. Unidade Móbil ao carón de “EL PEZ ROJO” (Avda. Saavedra Meneses). 10:00 a 14:30 e 16:00 a 21:00 horas. Para […]