Ares aproba a proposta de inversión do POS+2022 da Deputación

A maior partida orzamentaria, 156.285 euros, está destinada á mellora de servizos e pavimentación na rúa San Xosé, que tamén contará cunha inversión de carácter municipal próxima aos 14.500 euros. A maiores, os programas de emerxencia social e Servizo de Axuda no Fogar (SAF) veranse reforzados. O Concello de Ares vén de aprobar na sesión […]
Aprazada a visita ao Centro Dramático Galego por positivos en covid-19

A actividade cambiará a súa data ao 26 de febreiro, mantendo todas as condicións de gratuidade e desprazamento. As persoas xa inscritas serán contactadas para confirmar o seu interese e/ou dispoñibilidade na nova programación do evento. A área de Cultura vén de comunicar esta mañá o aprazamento da visita ao espectáculo teatral “A Peste”, no […]
4 de febreiro, conmemoración do Día Mundial contra o Cancro

O Concello de Ares únese ao #DíaMundialContraOCancro para mandar unha mensaxe de apoio e forza a todas as persoas que padecen esta enfermidade, mais tamén aos seres queridos, familias e profesionais da saúde que axudan na loita para superala.
Representación teatral do Grupo de Teatro “DONAS” coa comedia DON PERO “El emparedado”

Lembramos que mañá, sábado, 5 de febreiro, arranca a programación cultural do mes coa actuación teatral do grupo Donas! Será unha comedia de hilarante posta en escena, un espectáculo propio e en verso baixo o nome “Don Pero el Emparedado”. Levarase a cabo ás 19.00 horas na Alianza Aresana, con entrada libre ata completar aforo.
Ares licita os traballos de mellora do acceso á praia do Xuncal dende Os Castro

A intervención afectará ás escaleiras, a senda e a rampla de entrada e saída ó areal urbano, con deficiencias no estado da madeira que as conforman As empresas poderán presentar as súas ofertas ata o 22 de febreiro. A Concellaría de Urbanismo vén de anunciar a licitación das obras para a mellora da accesibilidade e […]
A Corporación aproba a ordenanza de uso social do galego na administración local

O documento regulador recolle o emprego da lingua na atención ao público, as publicacións informativas, a rotulación ou a xestión dos nomes das rúas. Iolanda Gomis, técnica no Servizo de Normalización Lingüística municipal, expuxo a importancia de protexer a toponimia e a riqueza lingüística de Ares coma unha forma de proxectarse no mundo. O Pleno […]
A área de Cultura programa unha visita ao Centro Dramático Galego de Compostela

A veciñanza poderá acudir ao espectáculo “A Peste” completamente de balde, incluíndo o desprazamento en autobús dende Ares. A actividade desenvolverase o sábado, 12 de febreiro, saíndo da vila ás 17.45 e regresando aproximadamente ás 23.00 horas, baixo reserva previa na Alianza Aresana. O Concello súmase á iniciativa lanzada polo Centro Dramático Galego para facilitar […]
O Concello pon fin ao MercAres tras dous meses de fomento do consumo local

A campaña termina oficialmente hoxe, mais os interesados poderán cobrar os seus premios ata mediados de febreiro. Contou coa participación de case un centenar de locais e un reparto de 6.000 euros, aumentando a contía nun 25 % con respecto á anualidade pasada A Concellaría de Comercio e Industria vén de comunicar o peche da […]
Concentración por un transporte público digno

A concelleira de Mobilidade, Lucía Blanco, e a edil de Educación, Noelia Montero, sumáronse na tarde de onte á concentración promovida pola Plataforma por un Transporte Digno na Praza de Armas de Ferrol, apoiando a recuperación das frecuencias previas ó cambio de empresa adxudicataria. No acto, reivindicouse a necesidade de contar cun servizo accesible para […]
Ruta 2: Narahío-Penas Louseiras do SendAres

Esta mesma noite abre o prazo para inscribirse na segunda ruta de sendeirismo (Narahío-Penas Louseiras, en San Sadurniño) promovida pola área de Deportes dentro do seu SendAres. A inscrición estará aberta ata as 23.59 horas do 11 de febreiro ou ata esgotar as vinte (20) prazas habilitadas para a senda. O prezo é de 10 […]
Proxecto “Definición, deseño e implementación de rutas tematizadas para a promoción do patrimonio mariñeiro no Concello de Ares. Ares Descobre”

O proxecto “DEFINICIÓN, DESEÑO E IMPLEMENTACIÓN DE RUTAS TEMATIZADAS PARA A PROMOCIÓN DO PATRIMONIO MARIÑEIRO NO CONCELLO DE ARES. ARES DESCOBRE” está impulsado polo Concello de Ares para promover a oferta de actividades que poñan en valor o medio ambiente e o patrimonio ligado ao mar, concienciando sobre a preservación da contorna natural e patrimonial […]
Proxecto “Valorización da actividade mariñeira a través dos espazos litorais e das prácticas deportivas acuáticas nos Municipios de Ares e Valdoviño. “Ares e Valdoviño no Mar”

O proxecto de cooperación “VALORIZACIÓN DA ACTIVIDADE MARIÑEIRA A TRAVÉS DOS ESPAZOS LITORAIS E DAS PRÁCTICAS DEPORTIVAS ACUÁTICAS NOS MUNICIPIOS DE ARES E VALDOVIÑO. ARES E VALDOVIÑO NO MAR” está impulsado polos Concellos de Ares e de Valdoviño para potenciar os espazos litorais e a actividade mariña, mediante o remo e o surf. ARES E […]