Visita do primeiro ciclo de Primaria do CPI As Mirandas ao mercado municipal de Ares

O mercado municipal de Ares recibiu onte a visita dos alumnos do 1º ciclo de Primaria do CPI As Mirandas, que percorreron estas instalacións co obxectivo de coñecer como é o día a día nun mercado de abastos. Os escolares puideron deambular polo recinto e descubrir a variedade de postos e produtos que se poden […]
Concello e Deputación supervisan o inicio dos traballos previos da Senda Peonil Ares-Redes

A concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, e o concelleiro de Obras, José Juan Vilar, percorreron onte a estrada provincial que conecta Ares e Redes, xunto con técnicos da Diputación e a empresa que se encargará das obras de construción da senda peonil ao longo de todo o tramo. Con este encontro, os responsables municipais, do […]
Este domingo o primeiro equipo do Numancia pode proclamarse campeón de Liga e ascender a Primeira Galicia!!

Desexamos que esta magnífica tempada culmine cunha merecida volta á División de Honra (feito que non se produce dende a tempada 1999-2000) e ao regreso de Cerdido podamos festexar o triunfo con todos eles!! O Concello de Ares pon a disposición dos afeccionados un autobús para animar ao noso equipo, para reservar a túa praza […]
A terceira proba da Copa de España de Enduro disputarse esta fin de semana en Montefaro

Máis de trescentos corredores, chegados de distintos puntos de España, tomarán parte na Montefaro Enduro Race, terceira proba puntuable para a Copa de España de BTT Enduro, que se disputará o domingo na zona de Montefaro O evento, organizado por Pulpeiros de Murgados, e que conta coa colaboración dos Concello de Ares e Mugardos, prevé […]
Os municipios da comarca de Ferrol e do Eume impulsan unha recollida de sinaturas para esixir melloras no transporte

Un total de 11 municipios reivindican a necesidade de solucionar os problemas do transporte urbano na comarca Os Concellos de A Capela, As Pontes, Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Monfero, Narón, Neda e Pontedeume impulsan unha campaña de recollida de sinaturas para esixir á consellería de Infraestruturas e Mobilidade unha solución inmediata á problemática do […]
Aberto o prazo de preinscrición nos campamentos deportivos da Deputación

O organismo provincial vén de convocar o programa de campamentos de verán, que se desenvolverá entre o 26 de xuño e o 29 de xullo repartidos en cinco quendas segundo os concellos da Coruña. O Concello de Ares dispón de 4 prazas para mozos de entre 9 e 14 anos, na quenda comprendida entre o […]
Arrancan os traballos de mellora do acceso á praia do Xuncal dende os Castros

A intervención afectará ás escaleiras, a senda e a rampla de entrada e saída ó areal urbano, con deficiencias no estado da madeira que as conforman O importe dos traballos ascende a 49.421,60 euros, sufragados entre o GALP Ártabro Norte e as arcas municipais. A Concellaría de Urbanismo vén de anunciar o inicio das obras […]
Ares súmase á campaña internacional “Quere o teu mercado”

O Concello de Ares ven de adherirse á campaña internacional “Quere o teu mercado” promovida pola Xunta de Galicia en colaboración cos concellos, coa que se pretende apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas vilas, potenciando así a compra do produto local ao mostrar a profesionalidade dos praceiros e praceiras. No caso da […]
A área de Igualdade e Benestar lembra que o prazo de inscrición no servizo de conciliación laboral e familiar, “ConciliAres”, rematará o próximo martes, día 31.

O ConciliAres destínase a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, habilitándose 40 prazas por quincena, durante os meses de xullo e agosto. Para formalizar a inscrición, deberá achegarase a documentación requirida no Departamento de Servizos Sociais da localidade, en horario de 9:00 h. a 14:00 h., ou por rexistro […]
Os escolares de Ares gozan dunha versión lúdica e didáctica do deporte cunhas xornadas orientación

Trátase dun programa promovido polo Concello de Ares dentro da campaña XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte Esta semana arrancou no CPI As Mirandas unha das últimas actividades co foco posto nos nenos e nenas do municipio. Trátase da “Actividade deportiva escolar de Orientación”, unha iniciativa organizada polo Concello de Ares en colaboración coa […]
Quinta ruta do SendAres completada!

Tras as anteriores rutas de Doniños-A Graña; Naharío-Penas Louseiras; Soaserra- Caaverio e Costa de Ares-Chanteiro; o programa municipal SendAres vén en completar a súa planificación deportiva en canto ás rutas da tempada de inverno a primaveira, coa realización da súa quinta expedición a pasada da fin de semana por terras da Costa da Morte. Así, […]
Entrega de premios do II Concurso de Escritura Creativa de microrrelatos

A Alianza Aresana acolleu na tarde de onte o acto de entrega de premios do II Concurso de Escritura Creativa de microrrelatos, promovido polo Concello e o CPI As Mirandas, enmarcado dentro da programación cultural das Letras Galegas e no que participaron un total de 104 alumnos, divididos en dúas modalidades, a de “Primaria” (4º, […]