A Alianza Aresana acolleu na tarde de hoxe, día 28 de abril, o acto de entrega de premios do III Concurso de Escritura Creativa de microrrelatos, organizado polo Concello de Ares e o CPI As Mirandas, que contou cun total de 106 participantes, divididos en dúas categorías, a de “Primaria” (4º, 5º e 6º) e a de “ESO”.

Comparte esta nota de prensa

Os gañadores nas respectivas modalidades foron Valeria Villares Otero con “A nena pantasma” e Leo de Navas Rodríguez con “A vida soñada”. Ambos recibiron o premio dunha tablet/ebook.

Tamén recibiron premios os segundos clasificados de cada categoría, neste caso un lote de libros. Así, Elia Toribio García con “A praia”, quedou finalista na modalidade “Primaria”; e Lucas Varela Rodríguez con “Rosalía, miña vida” recibiu o segundo premio na categoría de “ESO”.

Ademais, houbo mencións especiais en cada categoría, que recibiron un diploma acreditativo. No caso da categoría de “Primaria” a mención foi para Hugo Martínez Cereijo con “A casa queimada”; e Larraitz Aranaga Carrasco con “A primeira man que sostivo a miña” na modalidade de “ESO”.

A concelleira de Cultura, Alma Barrón, agradeceu ao CPI As Mirandas a súa implicación en renovar a colaboración coa organización deste certame “que busca fomentar o interese da mocidade pola literatura», dando a noraboa a todos os participantes e resaltando a calidade das obras presentadas.

Na valoración dos traballos os criterios do xurado foron, entre outros, a creatividade e orixinalidade da temática, a claridade da mensaxe e da estrutura, o ritmo xeral da historia ou os trazos estilísticos na escrita.

O xurado extivo composto por Rosa Arnoso, profesora do CPI As Mirandas; Ariana Pena, especialista en pedagoxía terapéutica no CPI As Mirandas e Alma Barrón, edil de Cultura da localidade, ademais de Yolanda Castro, responsable do departamento de normalización linguística do CPI As Mirandas, en calidade de secretaria.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Mestra no Concepción Arenal da Habana, primeira muller en ocupar a Vicepresidencia da Sociedade Fillas de Galicia creada para defender ás emigrantes galegas de calquera abuso e participante no I Congreso de Mulleres de Cuba de 1923, Andrea López Chao foi unha desas referentes que loitou por avanzar na sociedade do século XX.

A súa defensa do sufraxio feminino e da igualdade entre homes e mulleres expoñen a importancia de homenaxeala, xusto como se fixo o domingo pasado