O ConciliAres encara a recta final de agosto coa natureza como protagonista

Os pequenos e pequenas do servizo de conciliación laboral e familiar da Concellaría de Igualdade e Benestar, o ConciliAres, gozaron ao longo deste mes de agosto dunha das mellores cousas da vila: a súa natureza. No pulmón verde que é o Parque Rosalía, xusto no núcleo urbano, entraron en contacto coa contorna natural, xogaron e […]

Ares marcha contra o cancro

Andaina Solidaria “En marcha contra o cancro”. Domingo, 1 de setembro. 11:00 h. na Praia do Xuncal. Súmate a esta proposta solidaria para apoiar a investigación, aos pacientes e ás familias que loitan contra o cancro. Serán seis quilómetros de percorrido, facéndoo o máis accesible posible, baixo un prezo de 5 euros para adultos e […]

Ares adéntrase no seu pasado indiano

A sétima edición do Ares Indiano inaugurouse oficialmente esta mesma mañá reafirmando os alicerces da festa: recoñecer e homenaxear a todas as persoas que migraron ás Américas, independentemente do seu éxito económico ou social. A celebración despregará no municipio máis de corenta actividades culturais cun enfoque lúdico, todas orientadas a reivindicar a pegada da migración […]

Actividades deportivas municipais 2024-2025

NORMAS DE FUNCIONAMENTO Todas  as  cuestións  relacionadas  co  funcionamento das actividades/escolas (suxestións, queixas…) tramitaranse directamente cos/cas responsables Técnica/os Municipais da área correspondente. Procurarase garantir ao máximo a asistencia, comunicando sempre á/ao monitor/a calquera ausencia prevista. As/os usuarios/as do Ximnasio Municipal disporán dun carné que permitirá o acceso á sala e que se amosará na  conserxería […]

Sistema de estacionamento polo VII Ares Indiano

Se xa tes claro que virás a gozar da nosa celebración de época esta fin de semana, bota unha ollada con calma ás opcións de aparcamento que existen en Ares. P Aparcadoiros públicos e gratuítos distribuídos polo núcleo urbano nos que se pode aparcar calquera vehículo a calquera hora. Prazas de aparcamento en rúas nas […]

As mellores galas de época locen na tenda efémera de aluguer de vestimenta indiana

Dende este luns, xa podes achegarte até a Avda. Saavedra Meneses núm. 16 e ver as opcións que nos proporciona Chimpos, a empresa especializada en traxes de época, para o VII Ares Indiano! Alí atoparás vestimenta de home, de muller, de nenos e nenas… pero tamén un amplo surtido de complementos, dende tocados e sombreiros […]

Punto limpo móbil instalado en Redes

O punto limpo móbil do Concello xa está dispoñible esta semana en Redes para a recollida de residuos especiais. Lembra que alí podes depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.

A localidade embarcarase nunha viaxe divulgativa a través do Seminario de Cultura Ultramarina

A Alianza Aresana transformarase en espazo de memoria e divulgación dentro do Seminario de Cultura Ultramarina que propón o Concello no Ares Indiano 2024 con relatorios e presentacións de libros! Teremos… [1] A presentación da edición facsimilar da obra ‘39 años de mi vida’, escrito polo aresán Manuel Rodríguez Ramos, alias ‘Canelo’, e contaremos co […]