Conta atrás para o MercAres!

Comparte esta nota de prensa

O vindeiro 1 de decembro principia a campaña de consumo de proximidade do Concello, o MercAres. E nestes últimos días os negocios adheridos xa están recibindo de mans  da concelleira de Comercio, Lucía Blanco, os vales-rascas nos que se distribuirán 6.500 euros, amais dos distintivos que identifican ao local como participante na iniciativa municipal.

Para optar aos premios, só é preciso facer unha compra superior a 10 euros nalgún dos máis de 80 establecementos que se sumaron ao MercAres: carnicarías e peixarías, praceiros do Mercado Municipal de Ares, panaderías, hostelería… unha variedade de negocios que son fundamentais na nosa cotiandade.

❄️ A campaña despregarase até o 31 de xaneiro, así que non dubides en participar nas próximas datas!

 

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.