O Concello de Ares organiza este sábado unha nova ruta guiada polo litoral aresán de maneira totalmente gratuíta

Partirá ás 10:00 horas do Club de Remo de Ares para introducirse na costa e apreciar así unha paisaxe marcada polos farallóns, as illas e os pequenos areais de considerable valor natural. O itinerario chegará ata o Castro de Santa Mariña e a Cova dos Mouros, dous espazos que forman parte da nosa historia, para […]
Climatoloxía perfecta a que tivemos durante toda a xornada do sábado para desfrutar da XXV Travesía a Nado!

Un evento deportivo que aglutinou a preto de 120 participantes na nosa ría e que se recuperou tras a pandemia mantendo o seu carácter popular. Nesta edición aumentouse o número de categorías, de cara a facer a carreira máis igualitaria, e mellorouse no avituallamento dos nadadores e nadadoras. Ao termo da travesía, a edil de […]
Orgullos aresáns para toda a localidade!

Esta fin de semana, o salón de plenos da casa consistorial acolleu o acto de recoñecemento institucional aos últimos logros de Natalia do Espírito Santo Filgueira (Campioa de España de Ximnasia Estética de Grupo), ao equipo de Modestos da SDR Numancia de Ares polo seu ascenso á Primeira de Galicia e aos seus Prebenxamíns polo […]
O Concello presenta o XV Concurso de Pintura Manuel Rebón

A área de Cultura do municipio organiza un ano máis o certame pictórico outorgando preto de 2.250 euros en prmios. A recepción de obras, de temática libre e baixo a técnica do óleo ou acrílico, será do 1 ao 9 de setembro. Ao longo desta mañá, Alma Barrón, concelleira de Cultura, e Paula Fojo, presidenta […]
Xa estás preparando as cousas para o que vén ao peche desta semana?

Acabaremos o mes con moitas actividades culturais e deportivas, as que precisamente atoparás na axenda que achegamos aquí abaixo! Non deixes de desfrutar do #VeraneAres2022.
Clausura do Campus de Verán 2022 da Fundación Celta de Vigo

A concelleira de Deportes de Ares, Noelia Montero, e os monitores da Fundación organizaron o acto de peche dos adestramentos, que se desenvolveron con normalidade ao longo de toda esta semana. O campo de Prados Vellos acolleu un ano máis a clausura da programación deportiva que promoveu a Fundación Celta de Vigo durante todas as […]
Prazo aberto para a adhesión de entidades culturais da localidade ao “Bono Cultural Joven”

Tes unha empresa dedicada ao sector cultural ou que venda produtos relacionados con el? Pois esta iniciativa pode interesarte! Trátase do “Bono Cultural Joven”, unha axuda directa de 400 euros promovida polo Ministerio de Cultura para as persoas que cumpran 18 anos ao longo de 2022. Con ela, os mozos e mozas poderán adquirir bens […]
Co inicio da segunda quincena do noso VeraneAres Deportivo 2022, onte o pavillón municipal acolleu unha nova sesión de tenis de mesa!

Unha actividade que reforza a liña de diversificación que se adoptou este período estival, de cara a abarcar dende deportes de raqueta a prácticas con maior contacto coma o jiu-jitsu ou o grappling. Moito deporte para toda a mocidade!
O Concello organiza unha homenaxe polos últimos logros deportivos aresáns

Nos últimos meses, a nosa localidade recibiu moi boas novas dentro das competicións tanto galegas coma nacionais! Así, para celebrar o éxito dos Modestos e Prebenxamíns da SDR Numancia (campións de Liga de Segunda Galicia e Campións do grupo E2-Consolación, respectivamente), mais tamén de Natalia do Espírito Santo Filgueira, campioa de España de Ximnasia Estética […]
Ares reivindica un transporte público de calidade

A recuperación das liñas suprimidas, o cumprimento dos horarios e a mellora integral do servizo configúranse coma as principais demandas dunha problemática estrutural e que afecta a toda a comarca. Os 11 concellos que organizaron conxuntamente a concentración de onte en defensa do transporte remitirán á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade as sinaturas recabadas nos […]
Peche das inscricións para a Travesía a Nado

A Concellaría de Deportes informa de que hoxe, mércores, 20 de xullo, pecha o prazo para inscribirse na XXV Travesía a nado Ría de Ares. Poderás cubrir o seguinte formulario ata as 23:59 desta noite: https://forms.gle/J2kq7reWHxiN46p79. Aproveita estas últimas horas para sumarte a un evento marcado polo desfrute da práctica deportiva e as augas tranquilas! […]
Estás interesado/a en coñecer a historia do municipio e a súa identidade mariñeira?

Tes curiosidade por afondar na pegada da industria da salazón e os oficios da pesca? Este sábado, 23 de xullo, o Concello promove a segunda das catro rutas dentro de “Ares no Mar”, a que se corresponde co percorrido de Ares Urbano que atoparás nas fotografías de abaixo. 3-4 quilómetros para saber o que agocha […]