A concelleira de Igualdade e Benestar, Victoria Montenegro, asistiu onte á primeira sesión do curso de iniciación ao emprego do smparthone promovido pola súa área de traballo na Casa da Xuventude municipal.

Destinada ás persoas maiores de 55 anos para atender unha necesidade xeralizada —a de aprender nun contexto amable cuestións básicas dos seus terminais—, realizarase un percorrido por aplicacións e diferentes funcións dos móbiles, dende o uso de Google Maps ó visionado de vídeos en Youtube ou a banca electrónica. O curso producirase durante os mércores […]

Se estás interesado/a no programa de Benestar en Balnearios da Xunta de Galicia, a experiencia de ocio e saúde destinada ós maiores galegos, o Departamento de Servizos Sociais municipal pode botarche unha man na súa tramitación

Achégate ata a Praza da Constitución, onde está o edificio de Servizos Sociais, ou contacta vía telefónica co 981 448 354 para solventar as túas dúbidas á hora de solicitala! Este programa de Benestar en Balnearios permite contar con estancias de 10 días en réxime de pensión completa (aloxamento, almorzo, comida e cea) nun dos […]

Se queres celebrar o Día das Bibliotecas, xa sabes que podes acudir este xoves, 20 de outubro, e venres, 21, ó salón de actos da Alianza Aresana!

Mañá teremos a Tarabela Creativa co seu contacontos “Quen ten cú, ten medo” ás 18:00 horas, unha narración máxica de lobishomes, magas, monstros e outros elementos da tradición oral galega combinados coa risa. O humor coma ferramenta para loitar contra o medo! E o venres, tamén ás 18:00 horas, recorda que chegará Paco Nogueiras cargado […]

En marcha a sexta edición do Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares

O certame convida á mocidade do municipio a atopar espazos, obxectos, festas e eventos representativos tanto da súa contorna coma da súa propia identidade. A recepción das obras está aberta dende hoxe, 18 de outubro, ata o 4 de novembro ás 20:00 horas, remitindo as fotografías e o formulario de participación a concursofotografia@concellodeares.com A Concellaría […]

Aviso de recollida de enseres

Lembramos que esta mesma noite do  martes, 18 de outubro, todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso, ao carón dos contedores habituais para o depósito de lixo. A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes, coma vén sendo habitual.

Durante toda esta semana, o consistorio de Ares amosará sobre a súa fachada a cor rosa coma forma de conmemorar o Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama que se celebra mañá, mércores 19 de outubro.

Con este acto simbólico, o Concello súmase ás reivindicacións que fan fincapé na importancia da investigación e de contar con diagnósticos precoces para combatir esta enfermidade. Tamén supón unha mostra de solidariedade coas persoas que o padecen e están no proceso de vencelo.

Lista agarda auxiliar administrativo – proceso de selección Obradoiro Emprego Reinicia IX

RESOLUCIÓN DA ALCALDIA Nº 526/22 Alcalde-Presidente D.Julio Ignacio Iglesias Redondo Asunto:   LISTA    AGARDA   AUXILIAR   ADMINISTRATIVO  –  PROCESO  DE SELECCIÓN OBRADOIRO EMPREGO REINICIA IX A vista da Resolución da Alcaldía 469/22 de data 27-09-2022 na que aprobase a selección definitiva dos candidatos/as dos postos de Dirección, Docentes e Aux. Administrativo do obradoiro de emprego REINICIA IX […]

Ares celebra o Día das Bibliotecas cun contacontos e un espectáculo musical

A Concellaría de Cultura programa as actuacións para o xoves, 20 de outubro, e o venres, 21, ambas ás 18:00 horas na biblioteca municipal aresán. Alma Barrón, edila de Cultura de Ares, vén de anunciar as dúas iniciativas que organizará o Concello para celebrar o Día das Bibliotecas 2022, unha data que defende o papel […]

Malia as condicións climatolóxicas adversas, o voluntariado da Agrupación Instrutiva de Caamouco actuou este sábado pasado na praia de Area Morta para retirar uns 25 quilos de refugallos!

Baixo o marco da limpeza simultánea de praias promovida pola Asociación Ecoloxista ADEGA, voluntarias e voluntarios extraeron principalmente plásticos de pequeñas dimensións que prexudican a fauna mariña local. A iniciativa materializouse co apoio do Concello de Ares, a través da súa área de Medioambiente, de cara a visibilizar o problema do lixo no mar.

As cores azul e rosa proxéctanse sobre o consistorio de Ares polo Día Internacional da Concienciación da morte xestacional e perinatal

O Concello ilumínase durante toda esta semana para visibilizar o duelo das familias que pasaron pola morte dun fillo/a na etapa xestacional ou perinatal, en consonancia cos actos que se promoven polo 15 de outubro, Día Internacional da Concienciación destes falecementos. A entidade municipal súmase así á campaña promovida pola asociación Bolboretas no Ceo Norte, […]