O Concello abre mañá o prazo de inscrición para a quinta ruta do SendAres 2022-2023

A iniciativa municipal organizará unha saída ata as Fragas do Eume de 14 quilómetros co foco posto na contemplación da beleza da paisaxe e a cultura local adherida a esta. As persoas interesadas poderán inscribirse a partir das 18:00 horas de mañá, mércores 25 de xaneiro, con 25 prazas habilitadas e un prezo de 15 […]
Apuntando ao mar: un simposio internacional en Ferrol para afondar no atractivo histórico e turístico das baterías costeiras

A Deputación da Coruña, coa colaboración dos concellos de Ares, Ferrol e Valdoviño, promove durante as xornadas do 9, 10 e 11 de febreiro este foro de debate que estuda, dende diferentes eidos, as posibilidades de actuación nestes enclaves espallados por Ferrolterra. O evento organizarase no Teatro Jofre e requerirá de reserva previa formalizando a […]
Última semana e media para desfrutar do MercAres!

Lembra que o martes, 31 de xaneiro, conclúe a campaña de consumo de proximidade que promove a Concellaría de Comercio e co que se están a repartir 5.000 euros en premios. Unha iniciativa á que se sumou hostalería, negocios de alimentación e servizos, comercios… en definitiva, máis de 90 locais de Ares que fixeron posible […]
Onte, a Concellaría de Deportes retomou a primeira ruta do SendAres, fixada para o pasado outubro e que se tivo que adiar no seu momento por cuestións metereolóxicas

Sexa coma for, os sendeiristas puideron achegarse á contorna de Belelle e contemplaron a súa fermosa cascada dende diferentes puntos de vista, tamén apreciando a variedade de tons verdes da paisaxe. Un itinerario tranquilo, sen grandes dificultades, que foi perfecto para desfrutar da natureza. Estas foron algunhas das imaxes que nos deixou a xornada
Bueu e Ares estreitan lazos a través do millo corvo

O concello aresán achou unha antiga receita que realizaban os monxes do Mosteiro de Santa Catalina con esta tipoloxía de millo dentro do libro “En la falda de la bailadora”, unha obra literaria que describe lugares e tradicións de Cervás e do Mosteiro. O alcalde da localidade, Julio Ignacio Iglesias Redondo, recepciou onte a unha […]
O Concello de Ares vén de informar da próxima posta en marcha do curso con certificado de profesionalidade “Montaxe de Mobles e Elementos de Carpintería” por parte da Deputación da Coruña, dentro do seu Plan de Emprego Local (PEL)

Unha formación de máis de 600 horas que se organizará en Narón, baixo un horario de 9:00 a 14:00, e ao que poderán sumarse todas as persoas interesadas e empadroadas en Ares. Xunto ao empadroamento no municipio, tamén se requerirá: Estar en situación de desemprego, inscrito no Servizo Público de Emprego e atoparse nalgunha das […]
Ares recuperará o interior da Rectoral para usos múltiples

Esta mesma semana licitouse o proxecto básico que acondicionará un espazo de interese patrimonial, edificado en 1696, e que contará cun investimento de 121.527 euros, impostos incluídos, con cargo aos fondos municipais e o POS+2021 da Deputación. As empresas poden presentar as súas ofertas ata o 13 de febreiro na Plataforma de Contratación do […]
Ares está presente en FITUR 2023 a través da revista Turismo Coruña!

A Feria Internacional de Turismo, unha cita anual fundamental para os profesionais deste sector e para o posicionamento de novas ofertas turísticas en España, está a producirse dende hoxe, 18 de xaneiro, ata o 23, en Madrid, e Ares tamén ten o seu oco coma unha das localidades de interese dentro do xeodestino Ferrolterra-Rías Altas. […]
Aviso de recollida de enseres

Lembramos que esta mesma noite do martes, 17 de xaneiro, todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso, ao carón dos contedores de lixo habituais. A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes.
Camiños escolares seguros: unha nova proposta de mobilidade para que o peón gañe terreo no núcleo urbano de Ares

A Concellaría de Urbanismo formula dous proxectos relacionados entre si e que aportarán maior seguridade para veciñanza e crianzas no seu acceso ao colexio e ao pavillón polideportivo municipal. Os proxectos, xa adxudicados, actuarán sobre os treitos que conectan o paseo marítimo coa rúa Real e esta mesma vía co CPI As Mirandas. Entre os […]
Inspección Técnica de Ciclomotores en Ares

O xoves, 2 de febreiro, a unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores desprazarase á nosa contorna municipal. Atoparase na Praza da Igrexa do núcleo urbano, en horario de mañá, de 09.00 a 13.30 horas, e de tarde, de 15:15 a 18:00 h. Será necesario solicitar cita previa contactando vía telefónica co 902 30 90 […]
O Concello adxudica a renovación de servizos e pavimentos na rúa San Xosé

A intervención, que conta cun investimento próximo ós 170.000 euros asumidos entre Concello e a Deputación, mellorará a rede de saneamento, pluviais e abastecemento, ademais de executar obras no alumeado, electricidade e telecomunicacións. Olimpia Marcos, concelleira de Urbanismo, incluíu a actuación “dentro da liña de renovación e humanización municipal de moitas das rúas de Ares, […]