Mañá, sábado 16, poderás achegarte ata o pavillón polideportivo municipal (12:00 horas) para ver as exhibicións que teñen preparadas desde a Escola Comp-Arte no seu Festival de Nadal de Danza Moderna.

O domingo, 17 de decembro, na Igrexa de San Xosé de Ares (18:30 horas) tes unha mostra da mellor música coral de Ares, coa participación de agrupacións coma o coro parroquial, a banda da A.C. Xábrega, a Rondalla de Trovadores de Ares, o grupo Son de Troula ou a escola de música Laura Morgade.