Papá Noel chega a Ares ao longo da tarde do mércores, 24 de decembro

A súa cabalgata visitará as parroquias do municipio, iniciando o percorrido ás 16:00 horas na Praza do Pedregal, en Redes, e pechará o itinerario cunha recepción na Alianza Aresana. Papá Noel e os seus axudantes desembarcarán en Ares recén chegados do círculo polar ártico este vindeiro 24 de decembro para que crianzas e familias poidan […]

Novo programa de emprego integrado da Mancomunidade

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrolterra vén de comezar co proceso de selección das participantes da próxima edición do Programa Integrado de Emprego de Galicia. Diríxese a mulleres en situación de desemprego con residencia en Ares, Cedeira, Cabanas, Fene, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño e deséñase co obxectivo de mellorar a capacitación laboral […]

Manifestación comarcal: Ferrolterra contra o xenocidio en Gaza

O Concello de Ares anima á veciñanza a secundar a manifestación comarcal en contra do xenocidio en Gaza que se promove o vindeiro 21 de decembro de 2025, convocada pola Plataforma Sanidade Galega con Palestina e a Federación de ANPAs de centros públicos de Ferrolterra. Comezará ás 12:00 h. na Praza Amada García, xusto diante […]

Cambio de data para a quinta ruta do SendAres 25-26

A Concellaría de Deportes vén de notificar o cambio de data do quinto itinerario que se promove no marco do SendAres, o programa municipal de sendeirismo; un roteiro deseñado para camiñar ao longo de Cabo Prior e Doniños. Inicialmente prevista para este domingo, 21 de decembro, a ruta adíase até o 11 de xaneiro por […]

O Concello mellora a pavimentación do Camiño das Pedras

Nestes últimos días veñen de rematar os traballos que se estaban a executar para incorporar un tratamento de aglomerado asfáltico sobre o camiño, que presentaba irregularidades na superficie, baches e un considerable desgaste. A intervención tamén ampliou o ancho para mellorar o tráfico e aumentar a seguridade vial no cruce de vehículos.   A Concellaría […]

O Concello entrega o segundo gran premio do MercAres 2025-2026!

A veciña Mari Carmen Fernández Truébano recibiu onte das mans da concelleira de Comercio, Lucía Blanco, o segundo gran premio por valor de 300 euros do MercAres, a campaña de consumo de proximidade municipal, despois de que resultase agraciada nun dos vales-rascas que recibiu na panadería do núcleo urbano La Gallega. O galardón económico chega en forma de vale para investir nalgún dos máis de 90 establecementos adheridos este […]

Ares convida á veciñanza a unha xornada de portas abertas en fútbol sala feminino

Será no pavillón municipal o 30 de decembro a partir das 17:00 h.   O equipo Ares Futsal, fundado este pasado verán no municipio, e o Concello organizan conxuntamente unha xornada de portas abertas en fútbol sala feminino durante a tarde do martes, 30 de decembro. Poderase entrar en contacto coa pelota no pavillón polideportivo […]

Unha sesión de zumba para despedir o 2025

O 31 de decembro, entre as 12:00 e 13:00 h., despide o ano con zumba nesta proposta da Concellaría de Deportes! A sesión, ZumbAres Fin de Ano, farase na Praza da Constitución ou, no caso de condicións metereolóxicas adversas, na pista exterior do CPI As Mirandas no mesmo horario. A iniciativa está pensada para todas […]

Plan Económico Financeiro sen medidas tras a aprobación da Liquidación Orzmentaria de 2024

Vixencia do PEF : 2025/2026 – Resolución da Liquidación de data : 03/04/2025 Resultado : Incumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria. Xustificación : Utilización do Remanente Líquido de Tesourería para Gastos Xerais e oper. Préstamo obra emerxencia-convenio Concello de Ares-Augas de Galicia. Órgano competente : Pleno da Corporación. Por resolución da alcaldía de data 03/04/2025 […]

Encontro arredor do cenobio aresán e a súa rehabilitación parcial no consistorio

O Concello, a dirección de obra e a asociación Amigos do Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro mantiveron unha reunión para analizar as liñas de investigacións desenvoltas até o de agora no cenobio e as posibilidades do futuro para dignificar este Ben de Interese Cultural (BIC). Tamén se contextualizaron as solucións construtivas que se aplicarán […]