Manifestación comarcal: Ferrolterra contra o xenocidio en Gaza

Comparte esta nota de prensa

O Concello de Ares anima á veciñanza a secundar a manifestación comarcal en contra do xenocidio en Gaza que se promove o vindeiro 21 de decembro de 2025, convocada pola Plataforma Sanidade Galega con Palestina e a Federación de ANPAs de centros públicos de Ferrolterra.
Comezará ás 12:00 h. na Praza Amada García, xusto diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol, e fará unha concentración e acto final na Praza do Himno Galego, en Esteiro.
Entre as reivindicacións, reclámase o garantimento do alto o fogo real, inmediato e permanente, así como a apertura dun corredor humanitario sen restriccións e o cumprimento efectivo do dereito internacional, respectando os dereitos fundamentais do pobo palestino.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.