Ares olla á vivenda social dos pescadores galegos no franquismo

Onte mesmo, coincidindo coa celebración do Día do Libro 2026, até a Alianza Aresana desprazáronse os investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Xurxo Antelo e Daniel Lanero para presentar a súa obra Más vale fortuna en tierra que bonanza en la mar: franquismo y vivienda social para pescadores en Galicia (Edicións Trea, 2025), […]
O Centro de Día de Ares festexou o Día do Libro cun encontro na Biblioteca Municipal

As usuarias do Centro de Día achegáronse onte até a biblioteca municipal para celebrar co seu equipo bibliotecario o Día do Libro 2026! Foi unha oportunidade para descubrir algunas lecturas, mais tamén para somerxerse nas actividades de dinamización que lles tiñan preparadas: xogos co refranero popular en galego e castelán, sopas de letras… e mesmo […]
Últimas semanas para sumarse ao Premio de Novela Curta Alén

A cuarta edición do Premio de Novela Curta Alén Concello de Ares encara o peche do seu período de recepción de manuscritos: obras en galego que se acheguen á temática da emigración tanto alén mar como de calquera outro lugar do mundo. Non é preciso que o proceso migratorio sexa o tema central da novela, […]
Puntos limpos móbiles instalados en Redes e Cortiñas Gil

Os operarios do Concello instalaron a comezos da semana os puntos limpos móbiles nas contornas de 📍Redes e Cortiñas Gil para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos. Aproveita e desfaite do que non precises para que sexa tratado adecuadamente! ♻️ PUNTO LIMPO DE REDES Podes depositar: ✅ Pilas e […]
Novas citas co remo en Ares

A vila somerxerase nesta vindeira fin de semana no mellor ambiente remeiro con novas citas deportivas tanto o sábado, 25 de abril, coma o domingo, 26. Unha oportunidade para inundar a vila dunha marea azul e apoiar ás tripulacións do Club de Remo de Ares! SÁBADO, 25 DE ABRIL III Bandeira de Veteranos e I […]
O consistorio ilumínase polo Día Mundial da Hemofilia

A casa consistorial de Ares vén de iluminarse ao longo de toda a fin de semana para conmemorar de xeito simbólico o Día Mundial da Hemofilia 🩸 que se celebra cada 📅 17 de abril. O vermello proxectouse sobre a súa fachada nestes últimos días, apoiando así as reivindacións da Asociación Galega da Hemofilia (AGADHEMO). […]
Sara Rivas Couce gaña o Concurso de Deseño de Logotipo da Mesa de Saúde Local de Ares

Este pasado venres recolleu o recoñecemento nas instalacións da Alianza Aresana, xunto cos 150 euros para investir no comercio de proximidade da vila como galardón económico. A súa creatividade gráfica, que parte dunha figura de dúas persoas apertándose como xeito de representar o espírito de axuda colaborativo, pasará a representar á Mesa en todos os […]
Xurxo Antelo e Daniel Lanero presentarán «Más vale fortuna en tierra que bonanza en la mar», unha mirada á vivienda social dos mariñeiros galegos no franquismo

Os autores do volume estarán na Alianza Aresana o vindeiro xoves, 23 de abril, ás 19:30 h., en conversa coa concelleira de Cultura, Alma Barrón. O doutor en Historia Contemporánea Xurxo Antelo e o profesor titular do Departamento de Historia Daniel Lanero, ambos da Universidade de Santiago de Compostela (USC), presentarán en Ares a […]
O Concello e a Deputación da Coruña supervisan a reforma que recupera o interior da Reitoral de Ares

O alcalde da localidade, Julio Ignacio Iglesias Redondo, e o presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, achegáronse ata o inmoble do século XVII, que está a vivir un cambio substancial cos traballos financiados entre ambas entidades cun investimento total de 189.465,50 euros, IVE incluído. As obras de acondicionamento actuaron sobre as tabiquerías en planta […]
As Sereas das Mirandas: un equipo para “nunca bogar soas” no proceso oncolóxico

O proxecto de remo adaptado, que na actualidade conta con 13 mulleres afectadas por cancro de mama ou de ovario, continúa a desenvolverse con dúas saídas á semana á ría —sempre que a climatoloxía así o permita— e coa vontade de contribuír á mellora física e psicolóxica das súas participantes. O Club de Remo de […]
Puntos limpos móbiles instalados nas contornas de Besoxo e Chanteiro

Os operarios do Concello instalaron a comezos da semana os puntos limpos móbiles nas contornas de 📍Besoxo e Chanteiro para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos. Aproveita e desfaite do que non precises para que sexa tratado adecuadamente! ♻️ PUNTO LIMPO DE CHANTEIRO Podes depositar: ✅ Pilas e baterías. ✅ Lámpadas […]
As áreas de baño de Ares, Chanteiro e O Raso-Seselle reciben a clasificación sanitaria ‘Excelente’ para a vindeira tempada estival

Os principais areais da vila delimitados como zonas de baño veñen de obter esta semana a máxima clasificación en termos sanitarios, acadando o ‘Excelente’ para a tempada de baño de 2026 que outorga a Consellería de Sanidade da Xunta, o organismo autonómico encargado de establecer a calidade das augas de baño. Así, as praias de […]