Ares afondou na narrativa psicolóxica de Javier Varela e a súa obra ‘Luces en la tormenta’

O escritor Javier Varela, afincado en Ferrol, compartiu coa veciñanza aresá unha conversa arredor do seu conxunto de relatos que exploran crises persoais, procesos emocionais e esas pequenas guías que ás veces aparecen nos momentos máis difíciles da vida, inscritos todos eles na súa obra Luces en la tormenta. A presentación, conducida pola concelleira de […]
Apertura do prazo para a solicitude de luminarias en San Xoán e San Pedro

Segundo o bando municipal publicado este día 10 de xuño onde se establecen as condicións para a realización das fogueiras populares nas noites de San Xoán e de San Pedro, hoxe mesmo, venres 12, principia a recollida de solicitudes empregando o modelo da instancia-comunicación que se facilita no Rexistro municipal ou a través da Sede […]
Novo horario na Biblioteca Municipal de Ares dende a próxima semana

Infórmase de que a partir do luns, 15 de xuño, as instalacións da biblioteca cambiarán de horario ata o 15 de setembro, de tal xeito que a apertura se realizará da seguinte maneira: De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h.
Ares propón un obradoiro interxeracional para pensar os modelos de masculinidade e feminidade nas redes sociais

O Centro de Información á Muller (CIM) municipal, xunto coa Deputación da Coruña, impulsan esta iniciativa o vindeiro luns, 15 de xuño, de 11:00 a 12:30 h., na Alianza Aresana, con entrada libre. Diríxise a un público diverso, dende profesorado a pais e nais, rapazada, grupos de mulleres, entidades sociais… calquera persoa interesada en comprender […]
A Oficina de Información Turística (OIT) de Ares inicia unha nova tempada estival coa súa apertura

A OIT permanecerá operativa até outubro con información sobre actividades culturais, deportivas e de lecer, rutas de sendeirismo, patrimonio mariñeiro ou a pegada indiana do municipio. Entre os servizos previstos inclúese a atención ao público no alboio de Redes e a posta en marcha do sistema municipal BicicletAres. O Concello de Ares xa ten […]
O Concello anuncia a programación lúdico-cultural deste verán

A institución aresá vén de desvelar a oferta para familias, adultos e mocidade que se impulsará na vila durante os vindeiros meses, de novo baseada na diversificación e na involucración do tecido asociativo na dinamización do período estival en Ares. A concelleira de Cultura, Alma Barrón, presentou esta mañá a programación lúdico-cultural que principiou […]
OBRADOIRO CREATIVO: Debuxando caras na Biblioteca de Ares

A Biblioteca Municipal de Ares acollerá mañá, 📅 11 de xuño, unha iniciativa para a rapazada e o público adulto! Unha oportunidade para traballar as habilidades creativas, no marco do programa de dinamización lectoral ‘Ler conta moito’ 📚 e impulsado pola Concellaría de Cultura . 🕖 Ás 19:00 h. 💵 Totalmente de balde. Anímate a […]
O Concello impulsa a mellora da comunicación viaria entre o Castelo da Palma e as antigas baterías militares de San Martiño

Veñen de arrancar uns traballos centrados na execución dun novo sistema de drenaxe transversal, a instalación dunha barreira rústica para protección peonil e a reconstrución do firme mediante unha solución integrada paisaxisticamente na súa contorna. A actuación conta cun orzamento de 48.400 euros aproximadamente, co apoio económico da Deputación da Coruña. A Concellaría de […]
BANDO MUNICIPAL: Luminarias de San Xoán e de San Pedro 2026

JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, FAI SABER: Que, estando próxima a celebración das noites de San Xoán e de San Pedro, coas tradicionais fogueiras, e sendo preciso controlar o cumprimento da normativa vixente, sobre todo en canto á seguridade dos participantes, tendo en conta que segundo o disposto no artigo 1.1º […]
Puntos limpos móbiles instalados nas contornas de Lubre e Pedrós (09.06.2026)

Os operarios do Concello veñen de instalar os puntos limpos móbiles nas contornas de📍Lubre e Pedrós para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos. Aproveita e desfaite do que non precises para que sexa tratado adecuadamente! ♻️ PUNTO LIMPO DE LUBRE Podes depositar: ✅ Pilas e baterías. ✅ Lámpadas e […]
O concurso de deseño do cartel para o IX Ares Indiano declárase deserto

O Comité de Selección que se configurou para o II Concurso de Deseño do cartel anunciador do Ares Indiano 2026 vén de acordar, por unanimidade, declarar como deserto esta convocatoria do certame gráfico tras avaliar o conxunto de propostas presentadas, segundo o establecido na reunión mantida o pasado 1 de xuño. O xurado, integrado por […]
Javier Varela achégase a Ares para presentar ‘Luces en la tormenta’

O autor conversará o vindeiro venres, 12 de xuño, ás 20:00 h. coa concelleira de Cultura, Alma Barrón, arredor deste conxunto de relatos de narrativa psicolóxica. O salón de actos da Alianza Aresana acollerá este venres, 12 de xuño, unha nova presentación literaria co foco posto en ‘Luces en la tormenta’, o libro de […]