CONTACONTOS MUSICAL: Os rizos de Lía!

Chega á vila o contacontos musical Os rizos de Lía, unha actuación totalmente de balde para nenos e nenas de 3 a 10 anos: música e narración oral danse da man nesta programación da Concellaría de Cultura. Este, venres, 19 de xuño Ás 19:00 horas. Na Alianza Aresana. No marco da Rede Cultural de Deputación […]
A Policía Local de Ares propón unha charla informativa cos hostaleiros da vila para preparar a temporada de verán

A iniciativa está coordinada conxuntamente coa Policía Local e Garda Civil de Mugardos. O vindeiro xoves, 25 de xuño, ás 11:00 horas, a Policía Local de Ares promoverá unha reunión cos locais de hostalería aresáns para achegar de xeito personalizado diferentes obligacións e circunstancias que deben cumprir de cara á temporada de verán. Será […]
MARCHA CONTRA O CANCRO: Andaina solidaria!

O vindeiro 12 de xullo, a Xunta Local da Asociación Española contra o Cancro en Ares impulsa a súa andaina solidaria no municipio, unha oportunidade para camiñar xuntas e xuntos para amosar todo o apoio da vila e a reivindicación de máis recursos para investigación. 🗓 Domingo, 12 de xullo ⏰ 11:00 horas 📍 […]
O Concello remata co pintado exterior da Reitoral

A edificación destinada a usos sociocomunitarios xa conta cunha renovación integral da pintura sobre unha superficie aproximada de 425 metros cadrados, baixo un investimento de 20.000 euros, impostos incluídos. Trátase do último paso que faltaba no marco da recente mellora e dignificación da antiga Reitoral da vila, catalogada como inmoble protexido polo seu considerable valor […]
Apertura de solicitudes para os ciclos de FP Dual intensiva de Grao Medio no IES de Mugardos

Dende o IES de Mugardos achegan nova información sobre a súa oferta educativa de dous ciclos en modalidade de FP Dual Intensiva de Grao Medio. Unha boa oportunidade para que a veciñanza poida fomarse combinando clases no centro como traballo real no sector. Así, ofértanse dúas propostas: Xardinaría e floraría Aproveitamento e conservación do medio […]
O Concello organiza unha ruta extraordinaria dentro do SendAres 26-27 pola Costa da Morte

O 12 e 13 de setembro, o programa municipal de sendeirismo percorrerá os últimos tramos do Camiño dos Faros, dende Muxía até o fin do mundo en Fisterra. A área de Deportes abrirá as inscricións para empadroados/as mañá, 18 de xuño ás 16:00 h. ata o día seguinte, na mesma franxa horaria, onde poderán sumarse […]
O XV Mercadillo Veciñal de Segunda Man do Concello de Ares celebrarase o vindeiro 5 de xullo

O paseo marítimo volverá converterse nun gran espazo ao aire libre para mercar, vender e intercambiar artigos de segunda man, coleccións e artesanía durante toda a xornada. As reservas de postos realizaranse presencialmente en dúas quendas: os días 22 e 23 de xuño para persoas empadroadas en Ares e o 25 e 26 de xuño […]
20 alumnos-traballadores súmanse á duodécima edición do obradoiro dual de emprego Reinicia

As autoridades de Ares, Neda e Fene inauguraron esta mañá o programa téorico práctico, no que se contou tamén coa presenza da Delegación Territorial da Xunta en Ferrol. Co obxectivo de mellorar a empregabilidade das persoas participantes, impulsaranse especializacións profesionais en Aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintaría e moble, Traballos de carpintaría […]
Puntos limpos móbiles instalados en Barracido e Cervás (16.06.2026)

Os operarios do Concello veñen de instalar os puntos limpos móbiles nas contornas deBarracido e Cervás para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos. Aproveita e desfaite do que non precises para que sexa tratado adecuadamente! PUNTO LIMPO DE BARRACIDO Podes depositar: Pilas e baterías. Lámpadas e tubos fluorescentes. Aceites minerais. Aceites […]
Corte de auga o vindeiro 18.06.2026

O Servizo Municipal de Augas do Concello informa a todos os usuarios que, por mor da substitución do contador xeral da rede de abastecemento, efectuarase un corte no subministro de auga potable no: Casco urbano de Ares Contorna de Pedrós e Besoxo. Realizarase desde as 16:00 h. do vindeiro xoves, 18 de xuño. Estenderase até […]
Renovación de DNI e pasaporte o vindeiro 3 de xullo

Este 3 de xullo, poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade, pasaporte ou certificados integrados no DNIe na Biblioteca Municipal de Ares, con entrega ao momento. É unha das novidades deste ano no tocante ó proceso de expedición desta documentación, ao continuar co servizo de xeito ininterrumpido tamén durante os meses de xullo e […]
O restaurante Tarrafa lévase o máximo galardón do DegustAres 2026

O seu pincho ‘As Sereas das Mirandas’ acada o primeiro posto, completando o pódium as propostas ‘Sorbete de Mar’, do Bocarte, e ‘Bocado de batea’, do local Noaru. O Concello desvelou o venres pasado os tres primeiros postos da ruta do pincho e entregoulles os correspondentes galardóns. A concelleira de Comercio, Lucía Blanco, puxo […]