Se desexas unhas boas larpeiradas, regalar flores ou outras ideas para o Nadal, mercar roupa ou ter a túa prensa diaria entre as mans… o comercio de Ares está sempre aí
Tanto durante a celebración do MercAres coma o resto do ano, os rostros que atoparás nesta publicación son os encargados de satisfacer os desexos da veciñanza no día a día! Hoxe coñecemos a 9 dos 17 locais de comercio que forman parte da campaña de consumo local e nos que poderás investir os premios que […]
A programación de Nadal do Concello continúa coa súa oferta deportiva e cultural
Nesta semana de transición entre o 2022 e o 2023, a vila de Ares acolleu múltiples actividades orientadas a crianzas e familias. Os máis pequenos pasáronno de rechupete no obradoiro de pastelería creativa que fixeron na biblioteca municipal ao longo do luns e do martes, pero tamén gozaron onte dos xogos nas parroquias, onde probaron […]
Alumnado do CPI As Mirandas gaña o I Premio Lazos Coruñeses con América Latina
Hoxe estamos de celebración non só polo Nadal, senón tamén pola boa nova que veñen de recibir no colexio municipal!! O traballo “Ares e Cuba, unha historia compartida. A súa pegada indeleble na nosa vila”, elaborado por alumnos e alumnas do CPI As Mirandas, recibiu o premio á investigación escolar da Deputación da Coruña por […]
Convocatoria para a concesión de postos no edificio do Mercado Municipal de Ares (Postos Nº 6, 7 E 8)
Dada conta do acordo adoptado pola Xunta Municipal de Goberno en sesión celebrada o 26/12/2022, pola que se acordou efectuar convocatoria para a concesión de postos municipais no edificio do mercado municipal de Ares (POSTOS Nº 6, 7 E 8), faise pública dita aprobación e procédese á súa convocatoria, con arranxo ao seguinte prego. En […]
O cuarteto portugués Mar de Fado chega á Alianza Aresana para lembrar grandes temas e nombres da música lusa
A área municipal de Cultura programa a súa actuación para este venres, 30 de decembro, ás 20:00 horas, con entrada libre ata completar o aforo. A cultura portuguesa ten tamén o seu oco na programación de Nadal que organiza o Concello durante decembro e a primeira semana de xaneiro. Desta volta, estará representada a través […]
O punto limpo móbil do Concello estará operativo a partir da primeira semana de xaneiro
O novo servizo, que mellorará a recollida de residuos domésticos pola contorna municipal, instalarase en 12 ubicacións rotativas —unha por semana— repetindo o seu itinerario cada tres mensualidades. Nel poderán depositarse pilas e baterías; lámpadas e tubos fluorescentes; aceites minerais e vexetais; roupa e calzado e pequenos electrodomésticos O 2023 arrancará en Ares cunha gran […]
Campus Chiquibásquet de Nadal: o baloncesto máis navideño achégase ao pavillón polideportivo de Ares
Dende hoxe, mércores, ata o venres 30, o evento proporciona formación e diversión nos seus adestramentos dentro da vila. A sétima edición de Nadal inclúe desta volta preto de 20 xogadores e xogadoras. O VII Campus Chiquibasquet abriu esta mesma mañá as súas portas para encher o pavillón polideportivo municipal de baloncesto. O evento, organizado […]
Últimos días para inscribirte no ZumbAres Fin de Ano
Despide o 2022 con movemento e diversión na sesión de zumba que programa a Concellaría de Deportes para o sábado, 31 de decembro! En horario de mañá (12:00 a 13:00 h.), poderás pasalo ben nunha clase guiada para todas as idades. Se a climatoloxía acompaña, realizarase na Praza da Constitución e, no caso de que […]
Os Reis Magos xa están de camiño a Ares dende Oriente
As súas maxestades chegarán á nosa localidade o 5 de xaneiro, pero tamén precisarán da axuda da mocidade da vila para a súa cabalgata. De feito, na biblioteca municipal de Ares recibiron a súa mensaxe e a partir de mañá, mércores 28 de decembro, ata as 14:00 horas do 4 de xaneiro, estarán recollendo as […]
Aproveitando os raios de sol que temos nas últimas xornadas, é bo momento para desfrutar da hostalería que participa no MercAres!
Se estás pensando onde poder gastar ou mesmo atopar algún dos 280 vales-rascas que habilita a campaña de consumo local do Concello, bota unha ollada aos 11 dos 35 locais de hostalería que achegamos hoxe, dentro do ciclo de presentacións de negocios que decidiron sumarse á iniciativa.
Lembra que mañá, mercores 28 de decembro, a Alianza Aresana acollerá o espectáculo infantil “Cantando con Pinocho” organizado pola Concellaría de Cultura!
Será ás 18:00 horas e, coas actuacións de Cristian Leggiero e Paty Lesta, narrarase unha emocionante aventura sobre Pinocho onde se fala, sobre todo, da importancia de loitar por cumprir os soños, incluíndo cancións con piano e acordeón. Achégate ata o salón de actos da Alianza Aresana!!
Pleno do día 26 de decembro 2022
Pleno Municipal Sesión ordinaria Descargar en pdf