As Sereas das Mirandas e as Leonas del Guadalquivir estreitan os seus lazos en Sevilla

Comparte esta nota de prensa

Dende o pasado venres ata este domingo, en Sevilla houbo unha particular expedición aresá: representantes das Sereas das Mirandas, o proxecto de remo terapéutico de Ares centrado nas particularidades do cancro de mama, achegouse ata a capital de Andalucía para manter novas xornadas de confraternización co seu equipo irmán, as Leonas del Guadalquivir.

As mulleres das iniciativas galega e sevillana volveron a empregar o remo coma un nexo de unión; unha forma de enfatizar a importancia do deporte na mellora psicolóxica e física das persoas afectadas pola doenza. Así, o Guadalquivir acolleu ás Sereas e ás Leonas para exemplificar que ningunha delas remará nunca soa.

Durante a viaxe, estiveron acompañadas pola concelleira de Deportes, Noelia Montero; representantes do Club de Remo de Ares e Juan Gavala, investigador da Universidade de Sevilla, os tres axentes que materializan a iniciativa das Sereas na nosa localidade dende o eido institucional, académico e deportivo.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Unha xornada de pesca e tradición en Chanteiro

Compartimos algunhas imaxes do XXXIII Concurso de Pesca Deportiva, organizado polo Centro Cultural Outeiro de Chanteiro en homenaxe a Lolo do Outeiro e Andrés Pedre.