O Servizo Municipal de Augas vén de habilitar nestas últimas datas a posibilidade de recibir a túa factura da auga en PDF.
Se non queres recibir facturas en papel, só tes que facilitar ao Servizo de Augas un correo electrónico no que desexas que cha remitan. Se estás interesado/a, notifica o correo electrónico no que queres que cha envíen contactando co e-mail servizo.augas@concellodeares.com.
Diabetes e exercicio: a nova charla divulgativa no Centro de Saúde de Ares
Os profesionais sanitarios do centro de saúde da nosa localidade organizarán este mércores, 29 de marzo, ás 13:00 horas unha sesión formativa centrada no deporte na diabetes. “O pé diabético: diabetes e exercicio” é o título que recibe esta charla impartida por María del Rosario López, enfermeira en Ares, que permitirá aprender da man dos […]
A veciñanza de Ares gozou onte do mellor teatro galego en Santiago de Compostela!
Nun espectacular escenario, o salón nobre do Pazo de Fonseca, veciños e veciñas achegáronse á obra “Shakespeare en Roma” do Centro Dramático Galego (CDG) composta por múltiples versións adaptadas de textos de William Shakespeare. O elenco actoral interpretou as pezas teatrais de Coriolano, Xulio César, Antonio e Cleopatra e Tito Andrónico, actuacións de 35 minutos […]
O Concello abre o prazo para a presentación das declaracións de interese na adquisición de nichos e columbarios da primeira fase do novo cemiterio municipal
Segundo o goberno municipal, completouse a compra dos terreos, o deseño da infraestrutura e o proxecto técnico da nova necrópole que se materializará en Ares: 19.500 metros cadrados na Rega da Fraga, en Lubre. O novo cemiterio contará con 1020 nichos e 1124 columbarios, ademais de 7 reloxos de sol e un edificio de culto, […]
Última fin de semana do DegustAres!
O sábado, 25, e o domingo, 26, a nosa vila volve a contar coa ruta do pincho que promove a Concellaría de Comercio e Turismo. É a oportunidade perfecta para completar o percorrido gastronómico polos 11 establecementos que se sumaron á iniciativa e participar no sorteo de 6 vales de 100 euros cada un, amais […]
O Concello adxudica a reposición da cuberta do local de ensaio de Lubre
Desinstalarase o actual tellado, nun avanzado estado de desgaste que inclúe signos de avellentamento, con fisuras e entradas de auga que provocan desconchóns e manchas, e colocarase unha nova cuberta con tellas de cerámica curvas sobre pranchas de fibrocemento. Olimpia Marcos, concelleira de Urbanismo, salientou “a importancia de sumar unha nova intervención ó edificio Gildo […]
O Concello, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia poñerán fin aos problemas da auga en Ares
O alcalde da localidade, Julio Ignacio Iglesias Redondo, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinaron onte na casa consistorial aresá o protocolo que articula o financiamento e a execución das obras para a renovación do sistema de abastecemento de auga no municipio. Os traballos, que darán solución ás problemáticas no subministro […]
Ares celebrou onte por partida dobre!
Cumpríronse 119 anos da Alianza Aresana de Instrucción, mais tamén se entregou o “I Premio Lazos Coruñeses con América Latina ao CPI As Mirandas”, o galardón da Deputación da Coruña que recoñece a calidade do traballo “Ares e Cuba, unha historia compartida. A súa pegada indeleble na nosa vila”, que realizou o alumnado do centro […]
Julio Ignacio Iglesias Redondo, alcalde de Ares, e Alma Barrón, concelleira de Cultura, veñen de visitar o Consulado de Cuba en Santiago de Compostela para coñecer á súa nova cónsul, Ingrid Izquierdo, nombrada en novembro de 2022.
O encontro entre ambas partes realizouse o venres pasado, 17 de marzo, e serviu para estreitar lazos e procurar novas vías de colaboración, amais de abordar os vencellos histórico-culturais que unen Galicia e Cuba, especialmente con Ares e co seu pasado indiano. A cónsul Ingrid Izquierdo tamén regalou á nosa vila o exemplar de “Versos” […]
Esta semana, o punto limpo móbil atoparase en Mariña do Pombal!
Os traballadores municipais instaláronno onte e xa está dispoñible ata o remate da semana para a veciñanza da contorna. Deposita alí os residuos domésticos para que poidan ser tratados adecuadamente!
O CPI As Mirandas acolle durante estes últimos días as sesións do obradoiro “Control Off: Claves para previr a violencia de xénero”
Unhas formacións que se poñen en relación co 8M, Día Internacional da Muller Traballadora, e que achegan contidos básicos para traballar a igualdade de xénero entre o alumnado da ESO. A iniciativa, promovida polo Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Ares e o propio centro educativo no marco do Pacto de Estado, […]
A Alianza Aresana de Instrucción cumpre 119 anos
Hoxe, 20 de marzo de 2023, celebramos un aniversario especial! É o momento de conmemorar os 119 anos da fundación da Alianza Aresana de Instrucción na Habana, a agrupación de emigrantes aresáns que democratizou a educación no municipio sufragando eles mesmos a construción da primeira escola da emigración galega, un espazo á vangarda da súa […]