Esa historia de sacrificios e solidariedade, de loita pola vida e a liberdade, volveu ser lembrada o pasado luns no CPI As Mirandas da localidade. O relato de como 27 republicanos da nosa comarca, en xullo de 1939, puxeron a salvo as súas vidas partindo de Ares, nese vapor, e chegando a Francia e a do pobo que os axudou, puido ser recreada a través da exposición fotográfica e do coloquio sobre ela mantido entre o alumnado, que xa traballara sobre estes contidos, e membros da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática.

Notas de prensa
A Casa Rectoral de Ares acolle un relatorio sobre a obra de Bello Piñeiro no 140 aniversario do seu nacemento
O Concello de Ares, a través da Concellaría de Cultura, organiza o vindeiro xoves 27 de agosto, ás 19:30 horas, o relatorio “A obra de








