No marco da programación do Día das Letras Galegas 2023, o Concello ofrece o próximo luns, 22 de maio, o espectáculo de narración oral e monicreques “A viaxe feliz de Ramón Sanfiz”, da compañía Fantoches Baj.

Comparte esta nota de prensa

A produción, dirixida ao público familiar, está baseada na obra 𝐺𝑎𝑙𝑖𝑐𝑖𝑎, libro de crónica de viaxes de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado deste ano.

A representación celebrarase no salón de actos da Alianza Aresana, a partir das 18.00 horas. A entrada é gratuíta e non require reserva previa. A actividade conta co apoio do Servizo de Normalización Ligüística da Mancomunidade.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.