Lembra que esta tarde, ás 19.00 horas, a Alianza Aresana acollerá o peche oficial do DegustAres 2023, o concurso de tapas que promoveu a Concellaría de Comercio durante o mes de marzo para incentivar o consumo local e dinamizar o tecido hostaleiro.

Durante o acto, desvelaranse os tres locais finalistas, aos que se lle fará entrega das correspondentes certificacións e premios (o primeiro premio –500 euros–, o segundo e o terceiro –400 e 200 respectivamente–). Mais no acto deste venres, tamén se realizará o sorteo de 5 vales, valorados en 100 euros cada un, entre os participantes […]

O Concello comeza coas obras para facer realidade os Camiños Escolares Seguros

Nestes últimos días veñen de iniciarse os traballos no treito que conecta o paseo marítimo coa rúa Real. Unha vez finalice, xa de cara ao verán, acometerase a senda restante que conecta esta mesma vía co CPI As Mirandas. Esta proposta de mobilidade aportará maior seguridade para veciñanza e crianzas no seu acceso ao colexio […]

Os alcaldes dos Concellos de Ares, Fene e Cabanas participaron esta mañá na entrega simbólica das chaves do Punto Limpo do Vilar do Colo á empresa COREGAL

Esta empresa será a encargada de xestionar o servizo durante os próximos dous anos, tras gañar o contrato licitado cunha oferta económica de ao redor de 90.000 euros anuais. O Punto Limpo compartido polos tres municipios estivo pechado durante case dez anos, pero a inauguración está cada vez máis preto. Con todo, necesítanse permisos da […]

Esta mesma mañá, a concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, recibiu ao técnico de demarcación de Costas para supervisar os traballos de cimentación e reforzo no muro-escollera do paseo marítimo de Ares que se están a acometer nestes últimos días.

Unha actuación de aproximadamente 35.000 euros que, ademais, incluirá unha mellora do acceso ao Club Marítimo de Redes; arrexuntará a escollera de Area Morta e retirará árbores en situación de perigo no talude do Río Sandeo, na zona que lle corresponde á nosa localidade.   Anterior Siguiente

A Orquestra Infantil Sinfónica de Galicia regresa a Ares este sábado

A Concellaría de Cultura vén de anunciar a organización dun novo concerto da Orquestra Infantil Sinfónica de Galicia o 1 de abril para dar a benvida ao mes coa profesionalidade e calidade desta agrupación musical. A Igrexa de San Xosé de Ares acollerá a actuación ás 17:00 horas e a entrada será totalmente de balde. […]

Últimas horas para participar no sorteo do DegustAres 2023!

Mañá, mércores, 29 de marzo, é o último día para depositar as cartillas seladas do DegustAres. Se aínda non o fixeches, achégate ata a consistorial para deixala na hucha que atoparás na súa entrada! Así poderás optar aos vales de 100 euros para investir no comercio da vila, mais tamén á estancia con noite incluída […]

ACTIVIDADES DE PASCUA NA BIBLIOTECA 2023

Luns 3 Abril: Contacontos “Paxariños” HORA: 18:00h DIRIXIDO A: nenxs entra 0 e 3 anos CUSTO: de balde Luns 4 Abril: Busqueda de ovos de pascua GRUPO 1: Nenxs de 3 a 6 anos HORA: 11:30h GRUPO 2: Nenxs de 7 a 12 anos HORA: 18:00H INSCRICIÓNS: De maneira telemática en https://forms.gle/Yu7Vyxyr1vbsW3127 a partir do martes […]