Aprobación lista provisional de Admitidos e Excluidos, designación tribunal no proceso para a provisión en réxime laboral temporal, Para A Contratación Laboral Temporal De 4 Peóns PEL
RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA Dada conta do acordo adoptado pola Xunta Municipal de Goberno en sesión celebrada o 18 de abril do 2023, sobre “APROBACIÓN DAS BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN, EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE CATRO PEONS (PLAN INTEGRADOR DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS DA EXCMA DEPUTACIÓN PROVINCIAL) Publicado anuncio da Convocatoria no Diario […]
Emenda designación de tribunal e data de proba no proceso para a provisión en réxime laboral temporal, de 2 prazas de subalterno do PEL
RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA Dada conta do acordo adoptado pola Xunta Municipal de Goberno en sesión celebrada o 18 de abril do 2023, sobre “APROBACIÓN DAS BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN, EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE DOUS SUBALTERNOS (PLAN INTEGRADOR DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS DA EXCMA DEPUTACIÓN PROVINCIAL) Publicada a lista provisional de admitidos […]
Licitados os traballos de mellora de servizos e pavimentos nun tramo da rúa Os Anxos
A obra permitirá renovar a rede de saneamento, pluviais e de abastecemento, mais tamén levar a cabo obras civís no alumeado, electricidade e telecomunicacións. A intervención traducirase nun investimento de aproximadamente 100.000 euros, asumidos entre o Concello e o POS+2022 da Deputación da Coruña. A Concellaría de Urbanismo vén de informar da licitación das obras […]
Enrique Ramil presenta a súa nova serie “VisitAres” na Alianza Aresana hoxe ás 20:30 horas!
Descobre os rincóns máis destacados de Ares a través da perspectiva dos visitantes e a paixón dos aresáns polo seu pobo nesta serie de seis episodios. Coa colaboración do Concello, “VisitAres” é unha iniciativa que busca promover a beleza e a riqueza cultural de Ares, así como destacar o talento local. Cada episodio inclúe unha […]
A concellaría de Deportes lembra que o prazo de inscrición para o Roteiro 8 do SendAres (Etapas Camiño Primitivo) está activo.
O roteiro levarase a cabo os días 20 e 21 de maio cun custo de 65 euros, incluíndo guía, seguros, transporte, aloxamento e almorzo. O autobús partirá da Praza da Igrexa de Ares o sábado ás 06:30 horas e regresará ao mesmo punto o domingo ás 19:30 horas. A primeira etapa (A Fonsagrada- O Cádavo) […]
Importante: cambio de data para a recollida de enseres
Por motivo da celebración das Letras Galegas, infórmase á veciñanza que a recollida de residuos voluminosos correspondente ao terceiro mércores deste mes, programada inicialmente para o día 17 de maio, levarase a cabo o seguinte mércores, o día 24 de maio. Para garantir a correcta disposición dos enseres, lémbrase a todas as persoas interesadas en […]
Comezan as obras de reposición da cuberta do Local de ensaio de Lubre “Gildo Illobre”
A concellaría de Urbanismo informou do inicio esta semana das obras que permitirán a renovación da cuberta. O custo total da reposición, que ascende a 21.417,98 euros, será financiado polo Concello de Ares e a Consellería de Territorio e Vivenda A concellaría de Urbanismo informou do inicio esta semana das obras que permitirán a renovación […]
O prazo para a presentación das declaracións de interese na adquisición de nichos e columbarios do novo cemiterio municipal estará vixente ata o 30 de xuño.
Se estás interesado/a en adquirir un nicho ou columbario, podes presentar a túa solicitude de forma presencial nas oficinas do rexistro municipal ou a través da sede electrónica municipal. Os nichos e columbarios asignaranse por orde de inscrición e realizarase un sorteo público unha vez completada a oferta. O prezo por unidade oscila entre 2.450 […]
Enrique Ramil presentará a súa serie “Visitares” na Alianza Aresana, este venres ás 20:30 horas.
A serie consta de seis episodios, nos que o cantante e compositor Enrique Ramil reúne a xente do mundo da canción con distintos veciños de Ares tamén de relevancia, para mostrarlles diferentes rincóns do pobo e compartir historias. “Visitares” é unha iniciativa orixinal e creativa de Enrique Ramil, para promocionar os rincóns e a historia […]
O Concello vén de instalar o punto limpo móbil na contorna de Cortiñas Gil, no núcleo urbano de Ares, ao longo da mañá de hoxe!
Alí estará a disposición da veciñanza toda a semana, para despois dirixirse a Redes. Lembra que poderás depositar nel os seguintes residuos domésticos: Pilas e baterías. Lámpadas e tubos fluorescentes. Aceites minerais. Aceites vexetais. Pequenos electrodomésticos. Roupa e calzado. Aproveita e desfaite do que non precises para que poida ser tratado adecuadamente!
Quedan poucos días para apuntarse aos talleres infantís de reciclaxe, “Ramas Literarias” e “Cadriños feitos con Refugallo de Praia”!
Estes talleres son gratuítos e están dirixidos a nenos e nenas de entre 7 e 12 anos. Levaranse a cabo o próximo 6 de maio na praza da Constitución, mais no caso de choiva celebraranse na pista polideportiva. Con todo, as prazas son limitadas e é necesario reservar previamente. Este é un evento educativo e […]
A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra realizou unha visita ao Obradoiro de Emprego ‘Reinicia IX’ co obxectivo de achegar a realidade das persoas xordas aos alumnos-traballadores do taller, especializados en ‘Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes’.
Durante a visita de onte, a presidenta da asociación e profesora de lingua de signos, Teresa Gallo, ensinou ao alumnado nocións básicas de lingua de signos e explicou que é unha persoa xorda. O encontro tamén serviu para difundir o servizo de voluntariado que se leva a cabo desde a asociación. Ambas as partes puideron […]