O Concello presenta a programación cultural para este verán.

Ademais das propostas deportivas e turísticas, a área de Cultura deseñou un programa completo e variado que busca dinamizar e entreter a todos os públicos. Baixo a dirección de Alma Barrón, responsable de Cultura, revelouse hoxe o tan esperado programa do VeraneAres cultural. Esta planificación permitirá que a localidade de Ares conte cunha oferta cultural […]

A área de Urbanismo da localidade, informou de que nas pasadas semanas remataron os traballos de urbanización de dous viais municipais, en concreto, no lugar de Chanteiro

As intervencións que veñen de ser rematadas recentemente, afectaron ao camiño Real a ao camiño do Cruceiro do mencionado lugar. En ambos viais executouse unha pavimentación en rego asfáltico, mellorando e unificando significativamente os seus trazados. O investimento total das actuacións ascendeu a un importe de 47.531 euros. Ditas actuacións foron tramitadas polo Concello perante […]

Completada a última ruta do SendAres 22-23!

O programa de sendeirismo municipal iniciou onte o seu percorrido final polas impresionantes paisaxes do Golfo Ártabro. Despois de oito rutas que levaron aos excursionistas por diversos lugares, esta última saída permitiu aos participantes gozar dunha pintoresca viaxe costeira dende Ares ata Chanteiro, visitando espazos cun importante patrimonio natural. No seu percorrido polo Golfo Ártabro, […]

A exposición fotográfica “Capturando a Natureza” de Lost in Woodlands Photography, do fotógrafo Álvaro Lamas, deu comezo hoxe na Casa da Xuventude

Álvaro Lamas explorou as paisaxes de Ferrolterra, Ortegal, Mariña Lucense e os seus arredores, e agora tráenos unha selección de imaxes que nos transportarán a estes lugares. O seu proxecto fotográfico, Lost in Woodlands Photography, revela en cada instantánea a súa visión e interpretación da natureza nestes rincóns da xeografía máis próxima a nós. A […]