O Programa Deportivo do Campus de Verán da Fundación Celta de Vigo chegou á súa conclusión esta mañá
No evento de clausura, que tivo lugar hoxe nas instalacións do campo municipal de Prados Vellos, estiveron presentes os monitores da Fundación e a concelleira de Deportes, Alma Barrón, representando ao Concello. O Campus de Verán, froito da colaboración entre a Fundación Celta, o Concello de Ares, a Federación Galega de Fútbol de Ferrol e […]
Ares da comenzo ao servizo de Rutas Turísticas en Barco pola Ría
O Concello lanza o servizo “Ares desde o Mar” para permitir aos visitantes explorar e percorrer os principais puntos costeiros do municipio. Esta iniciativa céntrase en destacar o patrimonio litoral e promover a cultura mariñeira. A concelleira de Turismo, Lucía Blanco, anunciou hoxe a posta en marcha destas rutas turísticas a bordo do pesqueiro M. […]
Continúan as actividades do programa “Xuventude Verán Activo”!
Unha proposta da concellaría de Deportes que achega á mocidade de Ares diferentes actividades a cabalo entre o contacto coas novas tecnoloxías, as disciplinas de raqueta e o mar. Durante o mes de xullo e agosto, os rapaces e rapazas desfrutarán do manexo de drons e a robótica, o voleipraia, o kaiak en Redes, o […]
O Concello habilitou un novo aparcadoiro público gratuíto no núcleo urbano de Ares, que proporciona ao redor de setenta novas prazas de estacionamento
Este novo equipamento está situado na rúa Concepción Arenal, unha zona céntrica que ofrece fácil acceso ás principais atraccións e servizos da vila. Para levar a cabo esta actuación, o Concello xestionou a adquisión da parcela, que conta cunha superficie de 2.387 m2, formalizando a súa compra o pasado mes de maio. Posteriormente, realizáronse os […]
Rematan as obras de revestimento de vestiarios no Complexo Deportivo de Pedrós
A concellaría de Urbanismo anunciou a finalización dos traballos de revestimento exterior dos vestiarios no complexo deportivo de Pedrós. Esta actuación foi proxectada pola administración local co obxectivo mellorar o aspecto estético do edificio, así como facilitar o seu mantemento, ademais de acadar unha notable mellora en termos de eficiencia enerxética. O custo desta intervención […]
A pista deportiva de Chanteiro converteuse no escenario do II Campionato de Fútbol Sala Base, organizado polo Centro Cultural Outeiro co apoio da concellaría de Deportes municipal.
O torneo deu iniciou o pasado 5 de xullo e logrou reunir a numerosos xogadores novos, que están a destacar polo seu nivel futbolístico. Tras varios días de encontros, as finais disputaranse a próxima semana. Ao peche do torneo haberá premios para os gañadores de cada categoría, nunha cerimonia de clausura que terá lugar o […]
Ares rende homenaxe a Gildo Illobre coa celebración do seu Sexto Evento Musical no seu nome
O 28 de xullo, Ares únese novamente para render homenaxe a Gildo Illobre a través da sexta edición dun evento musical que leva o seu nome. A Rondalla Trovadores de Ares, en colaboración coa concellería de Cultura e Bodegas&VinosAres, organizan esta iniciativa que terá lugar na Igrexa Parroquial de Ares. Hoxe, na alcaldía do Consistorio, […]
O Centro Cultural Outeiro celebrou o sábado o XXX concurso de pesca deportiva
O pasado sábado os aficionados á pesca tiveron unha cita no Centro Cultural Outeiro de Chanteiro, quen organizou a trixésima edición do concurso de pesca deportiva, que serviu tamén para render homenaxe a “Lolo do Outeiro” e a Andrés Pedre. A competición levouse a cabo no areal de Chanteiro, desde as sete da mañá ata […]
As cores inundaron o ConciliAres!
Os pequenos participantes do servizo municipal de conciliación familiar e laboral gozaron o pasado venres dunha “festa Holi”, unha actividade que involucrou pos de cores, inspirada no famoso Festival da Primavera ou Holi da India. Esta celebración hindú converteuse nunha das máis significativas no país, defendendo a paz e a igualdade sen importar xénero ou […]
Esta semana, o punto limpo móbil atópase instalado na avenida de Mugardos, específicamente á altura da entrada a Besoxo.
É unha oportunidade para que os residentes desa zona poidan desfacerse adecuadamente de diversos residuos domésticos, como pilas, baterías, lámpadas, aceites, pequenos electrodomésticos, roupa e calzado. Aproveita esta localización para contribuír ao coidado do medio ambiente e xestionar responsablemente os seus residuos!
A Biblioteca Municipal de Ares recibe o seu Sexto Premio Nacional “María Moliner de Animación á Lectura”
O equipo bibliotecario xa obtivo o Premio María Moliner nos anos 2016, 2017, 2020, 2021 e 2022, o que demostra o compromiso continuo coa promoción da lectura e a cultura da nosa contorna. O premio inclúe unha contía de 2.772,22€, que se destinará a adquisición e mellora dos fondos bibliográficos. O equipo bibliotecario de Ares, […]
PECHE DAS INSCRICIÓNS PARA A TRAVESÍA A NADO
A Concellaría de Deportes informa de que hoxe, martes 18 de xullo, pechouse o prazo para inscribirse na XXVI Travesía a nado Ría de Ares, debido a que as prazas habilitadas xa se atopan esgotadas. Por dito motivo a plataforma de inscricións atópase xa pechada e mesmo serà imposible a inscrición o mesmo día da […]