Ata o 15 de agosto, a Casa da Xuventude albergará a exposición “Paisaxes e Mariñas” do pintor José Antonio Porro.
Nesta exhibición artística, que plasma a riqueza das paisaxes de Ares e outros enclaves costeiros, os visitantes poderán admirar o talento do autor e mergullarse na súa visión do litoral próximo ao municipio, salientando a relevancia do mar e os elementos que dan forma a beleza da paisaxe local. A mostra estará aberta de luns […]
Convócase un curso de formación profesional de socorristas para persoas de Ferrolterra.
As persoas interesadas dispoñen de 8 días hábiles para solicitar a inscrición dende a publicación no BOP da convocatoria. A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, en colaboración coa Deputación da Coruña, convoca un curso de socorristas co obxecto de garantir a seguridade das praias e piscinas, mellorando a calidade turística do territorio e […]
Joan Prados presenta a súa nova novela “Lexington o Carlyle” na Alianza Aresana
O autor Joan Prados dará a coñecer a súa última obra, “Lexington o Carlyle,” nun evento que terá lugar mañá ás 20 horas na Alianza Aresana. Nesta novela, Prados mergúllanos nunha viaxe a finais dos anos noventa, seguindo os pasos de Daniel Pardo, un escritor superventas con aversión aos avións e unha fascinante verborrea. A […]
Última proxección do cine ao aire libre
Este xoves, 10 de agosto, ás 22:00 horas, contaremos coa última película que compón o ciclo de cine ao aire libre do noso VeraneAres 2023. Será a quenda de “Cuñados”, unha comedia familiar na que Eduardo e o seu cuñado Sabonis vense involucrados nun secuestro como solución aos seus problemas financeiros, dando lugar a situacións […]
Atopámonos na recta final do “Móvete VeraneAres” e queremos lembrarte que durante a primeira quincena do mes de agosto aínda podes gozar das sesións de baile latino e zumba ao aire libre.
Desde a área de Deportes, queren subliñar que os martes, en horario de 20:30 a 21:30 horas, levaranse a cabo clases de baile latino. Os xoves, pola súa banda, estarán reservados para a disciplina de zumba. Ambas as actividades, destinadas a persoas maiores de 12 anos, son de acceso gratuíto e seguen o mesmo proceso […]
O punto limpo móbil do Concello está habilitado desde onte no núcleo de Redes!
A veciñanza poderá depositar nel durante toda esta semana os seguintes residuos domésticos: Pilas e baterías. Lámpadas e tubos fluorescentes Aceites minerais. Aceites vexetais. Pequenos electrodomésticos. Roupa e calzado. Aproveita esta oportunidade para desfacerte correctamente dos obxectos que xa non utilizas e que necesitan un tratamento adecuado!
O Concello presenta a nova edición do Ares Indiano
A concelleira de Cultura, Alma Barrón, ven de dar a coñecer a programación do Ares Indiano 2023, a festa que afonda no vencello da localidade coa pegada migrante e que traballa na conservación da memoria local, xa consolidada coma referente sociocultural na comarca. O evento contará con tres días de programación –do venres, 18, ao […]
VI ARES INDIANO 2023
Aquí tedes o programa de actividades do VI Ares Indiano! Roteiros, relatorios, presentacións literarias, teatro, música, baile, obradoiros para nenxs e adultos…. Unha programación variada que este ano se incrementa con actividades nos días previos e con novas localizacións. PROGRAMA ARES INDIANO 2023 en pdf
O Club de Remo de Ares fixo historia ao proclamarse campións de España de traiñeiras!
Este logro excepcional é o resultado do arduo traballo en equipo, o sacrificio e a perseveranza que levan demostrando os nosos remeiros en cada remada. A homenaxe e recepción no Concello vivida onte foi un momento de orgullo compartido entre os campións e todos os integrantes do Club de Remo, mais tamén das súas familias, […]
O evento deportivo do Campus Chiquibasquet chegou á súa conclusión o pasado venres, marcando o peche doutra tempada de verán para os mozos deportistas.
Despois dunha semana completa dedicada a mellorar as súas habilidades no baloncesto, o Campus Chiquibasquet culminou cunha cerimonia de clausura no pavillón polideportivo municipal de Ares. A concelleira Alma Barrón, en representación do Concello, e o impulsor do Campus, Chiqui Barros, estiveron presentes no evento. Durante a cerimonia, tanto os monitores como as autoridades presentes […]
A cativada pasouno en grande coa actuación de “C@nto contigo” a cargo de Paco Nogueiras!
O evento tivo lugar no CIRS de Cervás o pasado venres, coa colaboración da concellaría de Cultura de Ares e a Rede Cultural de Deputación. Durante o espectáculo, o ambiente lúdico e divertido fixo que os nenos e nenas bailasen sen inhibicións, acompañando coa voz, palmas ou acenos. O concerto converteuse nunha festa moi especial, […]
A XXXI Milla Urbana volveu ao noso municipio para encher a Praza da Igrexa!
O paseo marítimo foi o escenario perfecto para esta xornada deportiva, onde familias, veciños e visitantes uníronse para gozar dunha visión lúdica e interxeracional do deporte. O día obsequiounos cunha climatoloxía perfecta e o evento non só promoveu a actividade física e o espírito competitivo, senón que tamén reafirmou que é un dos encontros máis […]