Este evento foi unha homenaxe á unión de proxectos e á resiliencia da comunidade local fronte aos desafíos. Desde o Concello, agradecemos a Mar de Xúbilo pola súa visita a Ares e felicitamos ás Sereas das Mirandas pola súa dedicación e ilusión. Esperamos seguir compartindo experiencias e colaborando en futuros proxectos que promovan a unión e o aprecio polas nosas raíces marítimas como forma de mellorar as nosas vidas. Parabéns!

Notas de prensa
Ares alza a voz na Casa Consistorial a prol da investigación e do diagnóstico temperán do cancro de mama
Ás portas da Casa Consistorial tivo lugar a lectura do manifesto conmemorativo do Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama, un acto institucional







