O Concello inicia as obras de renovación do Patio da Escolas do Lago
A actuación, supón un investimento de 51.000 euros, e executarase cunha axuda concedida por Turismo da Xunta a través dos Fondos Europeos Next Generation, por importe de 46.000 euros, asumindo a administración local o importe restante. A intervención permitirá o empedrado do chan do recinto exterior, e tamén do caleixón lateral para mellorar a accesibilidade. […]
A Asociación GDR Seitura22, da que forma parte o Concello de Ares, organiza dous talleres a próxima semana co obxectivo de promover un uso máis eficiente e económico da enerxía
Estes talleres están dirixidos a ensinar aos profesionais da hostalería e ás organizacións comunitarias como avaliar e reducir a pegada de carbono, é dicir, as emisións de gases de efecto invernadoiro causadas polas súas actividades. Os negocios relacionados co sector hostaleiro e as asociacións de Ares teñen a oportunidade de unirse a estas actividades de […]
Queres unirte á limpeza da praia de Sabadelle?
Este sábado 7 de outubro, a partir das 11:00 horas, tes a oportunidade de unirte á limpeza de Sabadelle en Redes. Ares súmase a esta causa impulsada pola Asociación Ecoloxista ADEGA, co apoio da Agrupación Instrutiva de Caamouco e do Concello. Se desexas colaborar nesta iniciativa para concienciar sobre o impacto do lixo nas nosas […]
Últimos días para inscribirse na EDR “Entre Dúas Rías” que se desenvolverá o día 8 de Outubro
O Club Pulpeiros de Mugardos, coa colaboración dos Concellos de Ares e Mugardos, a través das súas respectivas áreas de Deportes, recupera e organiza de novo a ruta ciclotursita “Entre dúas rías”, que se celebrará o día 8 de outubro e cuxa participación deberá formalizarse mediante inscrición previa. O número de prazas está limitado en […]
O venres pasado levouse a cabo a entrega de premios do certame de pintura Manuel Rebón nunha cerimonia que tivo lugar no CIRS de Cervás.
A concelleira de Cultura, Alma Barrón, presidiu a cerimonia de entrega de premios do certame de pintura Manuel Rebón-Concello de Ares. Durante o evento, a concelleira de Cultura participou na entrega dos galardóns do certame, que este ano celebraba a súa décimo sexta edición e que marcou o peche da exposición que se exhibiu no […]
Lembra que esta semana o punto limpo móbil do municipio atopáse instalado no Porto!
Lembra que alí podes depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado. Coidemos do medio ambiente depositando os nosos residuos de forma responsable e promovendo a sustentabilidade da nosa comunidade.
Primeira ruta do SendAres completada!
O pasado sábado, os 25 senderistas que se uniron á aventura organizada polo programa municipal da Concellaría de Deportes, viaxaron ata as terras de Taramundi, en Asturias. Ao longo dunha ruta circular, exploraron un dos pobos con máis encantado da rexión asturiana, atravesando os seus bosques e admirando as fervenzas que se atopan no camiño. […]
O Concello e a Deputación da Coruña Firman o Convenio co que se poñerá fin aos problemas da Auga en Ares
O alcalde do Concello de Ares, Julio Iglesias Redondo, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso asinaron no día de hoxe o convenio de colaboración polo que a entidade provincial achegará 1,7 millóns de euros para mellorar o sistema de abastecemento de auga do municipio. O orzamento total do proxecto elévase ata […]
Resultado das probas para a creacción dunha Bolsa de Emprego de Oficial de 1ª do Servicio Municipal de Augas.
APROBADOS. 1.- D. JORGE TOMAS GARCIA DIESTE: 10,5 PUNTOS. 2.- D. EDUARDO PIÑON GIRALDEZ: 6 PUNTOS. ARES, 30 DE SETEMBRO DE 2023 . O PRESIDENTE DO TRIBUNAL, ANUNCIO en pdf
O Obradoiro de Emprego Reinicia IX concluíu a súa actividade cun evento de clausura que tivo lugar esta mañá
Nesta cerimonia, os representantes dos concellos participantes, xunto con responsables da Xunta de Galicia, outorgaron diplomas aos alumnos-traballadores. Os municipios de Ares, Cabanas, Fene e Mugardos deron por terminado oficialmente o noveno taller de emprego Reinicia. O acto tivo lugar na sede das Alianzas Aresanas e contou coa presenza dos alcaldes e concelleiros das localidades […]
María Rivas felicita ao persoal da Biblioteca Municipal de Ares polo seu traballo na promoción da lectura, tras ser recoñecida por sexta vez co Premio María Moliner
A subdelegada puxo en valor o labor de Caridade Nieto, Beatriz Martínez e María Serrano, que desenvolveron un programa de actividades atractivo para promover novos hábitos de lectura na veciñanza de todas as idades do municipio María Rivas destacou que a iniciativa da Biblioteca Municipal de Ares forma parte dos 370 proxectos premiados en España […]
O CPI As Mirandas celebra o Día do Orgullo Neofalante cun taller de creación de podcast sobre a música en galego
O taller levarase a cabo en dúas sesións, a primeira das cales tivo lugar esta mesma mañá Esta iniciativa, organizada pola Concellería de Cultura e o Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade, coa colaboración do CPI As Mirandas, forma parte das actividades planificadas para conmemorar o Día do Orgullo Neofalante, que oficialmente se celebra o […]