Lembra que tes ata o 25 de decembro ás 23:59 horas para inscribirte na XVIII Carreira Popular de Fin de Ano Ares-Mugardos!
O tradicional evento deportivo invita a pechar o 2023 con deporte a todas as persoas maiores de 16 anos que o desexen durante a mañá do 31 de decembro. Só tes que formalizar a túa praza na pasarela habilitada en www.carreirasgalegas.com, previo pago de 4 euros por participante. Antes da celebración da proba, será necesario […]
Adxudicados os traballos de Renovación de Servizos e Pavimentos na rúa Fomento
A obra posibilitará a modernización da rede de saneamento, pluviais e abastecemento, ademais da execución de traballos civís en iluminación, electricidade, telecomunicacións e a renovación de A intervención traducirase nun investimento de 155.139,93 euros, con cargo ao POS+2022 da Deputación da Coruña. A Concellaría de Urbanismo vén de informar da adxudicación das obras na rúa […]
Cuarta ruta do SendAres completada o pasado domingo!
O grupo de senderistas, guiados por Kapitrek no roteiro organizado pola área municipal de Deportes, percorreu 14 quilómetros polas Fragas do Mandeo. Descubriron lugares como Chelo e a Fraga da Espenuca, mergullándose na rica biodiversidade da comarca coruñesa das Mariñas. Unha experiencia que non só permitiulles gozar da contorna do bosque de ribeira, senón tamén […]
Lembra que ata o luns 8 de xaneiro podes achegarte á Biblioteca Municipal e tomar unha foto no seu escenario navideño!!!
Resultado 2º exercicio e convocatoria proba Galego no proceso selectivo para a creación dunha listaxe de reserva para a cobertura das eventuais vacantes, vacacións, reforzo extraordinario e servizos ou ausencias que se poidan dar no posto de oficial de 1ª para o servizo de Obras e Servizos Municipais Interino ou Persoal Laboral Temporal
ANUNCIO RESULTADO 2º! EXERCICIO E CONVOCATORIA REALIZACIÓN DA PROBA DE GALEGO PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE RESERVA PARA A COBERTURA DAS EVENTUAIS VACANTES, VACACIÓNS, REFORZO EXTRAORDINARIO DO SERVICIO OU AUSENCIAS QUE SE POIDAN DAR NO POSTO DE OFICIAL DE 1ª PARA O SERVIZO DE OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS, INTERINO OU PERSOAL LABORAL […]
Adxudicación da terceira fase do Porto en Ares
O Concello de Ares dá a coñecer a adxudicación das obras que permitirán renovar a infraestrutura e a pavimentación de tres rúas do Porto: Caramanchón, dos Mártires e San Xoán. O investimento total para esta intervención ascende a 207.792,92 euros, con contribucións tanto da Deputación como do propio Concello. As actuacións levaranse a cabo nas […]
Aprobación Declaración Institucional e concentración pola Paz fronte ao Consistorio
No día de hoxe, o Pleno do Concello de Ares aprobou de forma unánime adherirse á resolución emitida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas con data do 10 de decembro de 2023. Esta resolución expresa profunda preocupación pola situación humanitaria na Franxa de Gaza e avoga pola protección das poboacións civís palestina e israelí de […]
Nova convocatoria do Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade
A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol vén de recibir da Xunta de Galicia unha nova edición do Programa Integrado de Emprego de Galicia. A administración autonómica e o Servicio Público de Empleo Estatal financian esta convocatoria dirixida a mulleres en situación de desemprego inscritas na correspondente Oficina de Emprego e empadroadas nos Concellos […]
A Cabalgata de Papá Noel Percorrerá os Principais Lugares do Municipio na tarde do Domingo
Ademais da recepción na Alianza Aresana, tense programado que Papá Noel percorra todas as parroquias do municipio, comezando ás 16:30 na Praza do Pedregal de Redes. O Concello de Ares, como é tradición cada ano, organiza a cabalgata de Papá Noel, que percorrerá os lugares e rúas máis destacados do municipio durante a tarde do […]
Oswaldo Digón Presentará o seu Monólogo “Outra Movida” en Ares o vindeiro martes 26 de Decembro
Este evento, parte da programación do Nadal organizada pola Concellaría de Cultura da localidade, terá lugar ás 20 horas no salón de actos da Alianza Aresana. Concibido como unha experiencia para pechar o ano con alegría e entretemento, o monólogo ofrecerá á audiencia adulta un repertorio de relatos humorísticos. Oswaldo Digón, recoñecido actor e monologuista […]
Aviso de recollida de enseres 19-12-2023
Lembramos que esta mesma noite do martes, 19 de decembro todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso. A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes, coma vén sendo habitual.
A Igrexa de San José en Ares encheuse de espectadores para presenciar as actuacións das cinco agrupacións no XII Festival de Panxoliñas Concello de Ares.
Organizado pola área de Cultura, o certame celebrouse onte na localidade para ofrecer unha destacada mostra de música coral local. O coro parroquial, a banda da A.C. Xábrega, a Rondalla de Trovadores de Ares, o grupo Son de Troula e a escola de música Laura Morgade presentaron os seus respectivos repertorios de cancións populares de […]