Aviso de recollida de enseres 19-12-2023

Lembramos que esta mesma noite do martes, 19 de decembro todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso. A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes, coma vén sendo habitual.

A Igrexa de San José en Ares encheuse de espectadores para presenciar as actuacións das cinco agrupacións no XII Festival de Panxoliñas Concello de Ares.

Organizado pola área de Cultura, o certame celebrouse onte na localidade para ofrecer unha destacada mostra de música coral local. O coro parroquial, a banda da A.C. Xábrega, a Rondalla de Trovadores de Ares, o grupo Son de Troula e a escola de música Laura Morgade presentaron os seus respectivos repertorios de cancións populares de […]

Lembra o itinerario do punto limpo móbil correspondente a este mes de decembro!

Despois de realizar paradas en Barracido e Cervás, esta semana estará dispoñible no Mazote, para logo desprazarse a Mariña do Pombal. Non esquezas que podes depositar nel os seguintes residuos domésticos: Pilas e baterías. Lámpadas e tubos fluorescentes. Aceites minerais. Aceites vexetais. Pequenos electrodomésticos. Roupa e calzado. Aproveita a oportunidade para desfacerte do que non […]

O pasado venres 15 de decembro, Comillas foi o escenario da asemblea anual da Asociación Rede de Municipios Indianos do Cantábrico

Coa participación de representantes de Ribadedeva, Pradoluengo, Comillas, Boal, Medio Cudeyo, Ares, Balmaseda e Ribadeo. Alma Barrón, concelleira de Cultura de Ares, sumouse a través de videoconferencia. No encontro deuse a benvida a novos representantes e discutíronse estratexias para continuar difundindo o legado indiano en beneficio dos municipios e os seus visitantes. A asemblea reiterou […]

Resultados acadados polos aspirantes calificados como APTOS para a Formación dunha Bolsa de Traballo para realizar Contratacións Laborais Temporais ou Nomeamentos Interinos de Persoal como Traballador/a Social.

ANUNCIO RESULTADO lº EXERCICIO E CONVOCATORIA 2º EXERCICIO PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS DE PERSOAL COMO TRABALLADOR/A SOCIAL, Sen do  as 14: 20  horas do  día 15 de decembro  do  2023, procédese á reunión da  Com is ión  Seleccionadora  para  o  proceso de […]

O Concello inicia novas obras de revalorización do Humidal da Xunqueira

O Concello de Ares está a levar a cabo diversas obras de revalorización do parque fluvial da Xunqueira, logo de recibir unha subvención de 20.000 euros da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no marco do programa de axudas para o desenvolvemento do proxecto PIMA Cambio Climático. Estas intervencións promovidas pola administración local están […]

Aprobación da contratación de aspirantes no proceso selectivo para a selección do Alumnado –Traballador do Obradoiro Dual de Emprego “Reinicia X” do Concello de Mugardos, Concello de Ares, Concello de Fene

ANUNCIO PROCESO SELECTIVO PARA A SELECCIÓN DO ALUMNADO – TRABALLADOR DO PROXECTO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “REINICIA X” DO CONCELLO DE MUGARDOS. Por Decreto núm. 2023-1269 de 13/12/2023, acordouse, entre outros asuntos, os seguintes: Segundo.- Prestar aprobación á contratación baixo á modalidade de contrato formativo, código 421, contrato de formación en alternancia, co obxecto […]

O Concello vén de colocar unha pantalla dixital interactiva preto do Parque Rosalía para proporcionar información turística e relevante a visitantes e residentes.

Grazas a unha subvención de 13,499.50 euros outorgada por Turismo da Xunta a través dos Fondos Europeos Next Generation, cubrirase case todo o custo de instalación, que ascende a preto de 15,000 euros. A pantalla, con tecnoloxía LED dixital de 2×2 metros, mostrará información variada a través de vídeos e imaxes, permitindo un control interactivo […]

Aprobación da contratación do Proceso Selectivo para a Selección do Persoal Directivo e Docente do Proxecto do Obradoiro Dual de Emprego “Reinicia X” do Concello de Mugardos, Concello de Ares, Concello de Fene

ANUNCIO PROCESO SELECTIVO PARA A SELECCIÓN DO PERSOAL DIRECTIVO E DOCENTE DO PROXECTO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “REINICIA X” DO CONCELLO DE MUGARDOS. BAREMACIÓN Por Decreto núm. 2023-1267 de 13/12/2023, acordouse, entre outros asuntos, os seguintes: Terceiro.- Prestar aprobación á contratación baixo á modalidade de contrato para mellora da empregabilidade e a inserción laboral, […]