CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DEPUTACIÓN DA CORUÑA VERÁN 2024

Comparte este evento

Amplo programa de actividades deportivas e culturais

Do 23 de xuño o 26 de xullo

Deportes náuticos, actividades ao aire libre, xornada de praia, actividades no centro, visitas culturais, deportivas e etnográficas

Realizaranse actividades e xogos que teñan elementos que fomenten a comunicación, o intercambio de experiencias, a convivencia e o respeto polos demáis.

Visita a centros de interese cultural da provincia da Coruña.

SEDE CAMPAMENTO
  • IES Rosalía Mera
  • Rúa Archer Milton Huntington, 24 (A Coruña).
ENTRADA – SAÍDA
  • O domingo pola tarde entre as 00 horas e as 19.30 horas no centro Rosalía Mera.
  • O venres seguinte, entre as 00 horas e as 17.00 horas.
MATERIAL
  • O material propio das actividades deportivas será proporcionado pola organización a cada participante durante a celebración do campamento
INCLÚE
  • Transporte interno, estadía e manutención en residencia, e todo gasto que ocasionen as actividades programadas
MATERIAL OBRIGATORIO
  • Saco de durmir
COTA DE INSCRICIÓN
  • 85 € (oitenta e cinco euros), que se ingresarán, na conta determinada pola Deputación da Coruña, facendo constar “verán”, Concello, nome e apelidos da persoa participante.
  • As cotas ingresadas non se devolverán.
  • O nº de conta será publicado na web da Deputación da Coruña.
DOCUMENTACIÓN

Para a formalización a inscrición, debes entregar no teu Concello:

  1. Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada
  2. Fotocopia do carnet de identidade ou libro de familia e tarxeta sanitaria
  3. Copia do aboamento da cota de inscrición (cando a praza estea confirmada e no número de conta dado pola Deputación e publicado na súa web)
  4. No caso de tratamento ou doenza achegar informe médico no que se indique cuestións relativas a tratamentos médicos periódicos, alerxias, intolerancias e/ou outras consideracións de saúde a ter en conta
EQUIPO RECOMENDADO
  • Roupa de rúa
  • Roupa para práctica deportiva
  • Equipamento deportivo (chanclas para a ducha, traxe de baño, útiles de praia e piscina
  • Toallas de aseo
  • Útiles de aseo (xabón, peite, cepillo e pasta de dentes, colonia e/ou desodorizante)
  • Lanterna
  • Gafas para o sol
  • Crema protectora para o sol, factor alto
  • Chuvasqueiro
  • Mochila pequena
Concellos por quenda
  • 5ª QUENDA (do 21 ao 26 de xullo) Ares, Cariño, Cedeira, Cerdido, Coruña (A), Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Narón, Neda, Ortigueira, San Sadurniño, Somozas (As) e Valdoviño

 

FORMULARIO INSCRICIÓN Campamento-Deportivo-Veran-2024

 

Pódeche interesar...

Eventos

Bases Programa ConciliAres

INSCRICIÓNS CONCILIARES 2024: https://forms.gle/7Zt96RmXbqFp4XVC9 INTRODUCIÓN: Galicia é un referente nas actividades de educación non formal, ocio educativo e tempo libre que se programan, de xeito