Clausura do Campus de Verán 2022 da Fundación Celta de Vigo
A concelleira de Deportes de Ares, Noelia Montero, e os monitores da Fundación organizaron o acto de peche dos adestramentos, que se desenvolveron con normalidade ao longo de toda esta semana. O campo de Prados Vellos acolleu un ano máis a clausura da programación deportiva que promoveu a Fundación Celta de Vigo durante todas as […]
Prazo aberto para a adhesión de entidades culturais da localidade ao “Bono Cultural Joven”
Tes unha empresa dedicada ao sector cultural ou que venda produtos relacionados con el? Pois esta iniciativa pode interesarte! Trátase do “Bono Cultural Joven”, unha axuda directa de 400 euros promovida polo Ministerio de Cultura para as persoas que cumpran 18 anos ao longo de 2022. Con ela, os mozos e mozas poderán adquirir bens […]
Co inicio da segunda quincena do noso VeraneAres Deportivo 2022, onte o pavillón municipal acolleu unha nova sesión de tenis de mesa!
Unha actividade que reforza a liña de diversificación que se adoptou este período estival, de cara a abarcar dende deportes de raqueta a prácticas con maior contacto coma o jiu-jitsu ou o grappling. Moito deporte para toda a mocidade!
O Concello organiza unha homenaxe polos últimos logros deportivos aresáns
Nos últimos meses, a nosa localidade recibiu moi boas novas dentro das competicións tanto galegas coma nacionais! Así, para celebrar o éxito dos Modestos e Prebenxamíns da SDR Numancia (campións de Liga de Segunda Galicia e Campións do grupo E2-Consolación, respectivamente), mais tamén de Natalia do Espírito Santo Filgueira, campioa de España de Ximnasia Estética […]
Ares reivindica un transporte público de calidade
A recuperación das liñas suprimidas, o cumprimento dos horarios e a mellora integral do servizo configúranse coma as principais demandas dunha problemática estrutural e que afecta a toda a comarca. Os 11 concellos que organizaron conxuntamente a concentración de onte en defensa do transporte remitirán á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade as sinaturas recabadas nos […]
Peche das inscricións para a Travesía a Nado
A Concellaría de Deportes informa de que hoxe, mércores, 20 de xullo, pecha o prazo para inscribirse na XXV Travesía a nado Ría de Ares. Poderás cubrir o seguinte formulario ata as 23:59 desta noite: https://forms.gle/J2kq7reWHxiN46p79. Aproveita estas últimas horas para sumarte a un evento marcado polo desfrute da práctica deportiva e as augas tranquilas! […]
Estás interesado/a en coñecer a historia do municipio e a súa identidade mariñeira?
Tes curiosidade por afondar na pegada da industria da salazón e os oficios da pesca? Este sábado, 23 de xullo, o Concello promove a segunda das catro rutas dentro de “Ares no Mar”, a que se corresponde co percorrido de Ares Urbano que atoparás nas fotografías de abaixo. 3-4 quilómetros para saber o que agocha […]
Este venres temos cine de verán na Praza da Constitución
Este venres, 22 de xullo, temos cine de verán na Praza da Constitución ás 22:30 horas! A segunda proxección será a de “Valentina”, Goya á mellor película de animación de 2022 e a primeira longametraxe da directora ferrolá Chelo Loureiro. O filme narra a historia de Valentina, unha nena que desexa ser trapecista, mais que […]
Ares recupera a homenaxe musical a Gildo Illobre
O evento organizarase o 30 de xullo por quinta vez para encher o Parque Rosalía de música e lembrar ao director e acordeonista aresán. A Coral Estelas do Mar, a Rondalla Mugardesa e os Trovadores de Ares participan na volta da iniciativa e evidencian a fonda pegada musical de Gildo. A localidade aresán rendirá de […]
Comeza o Campus de Verán 2022 da Fundación Celta
A iniciativa recala un ano máis na localidade a través da colaboración da Fundación, o Concello de Ares, a Federación Galega de Fútbol en Ferrol e o Numancia ADR. Do 18 ao 22 de xullo, o campo municipal de Prados Vellos contará con sesións lúdico-educativas de mellora futbolística. Durante as mañás de toda esta semana, […]
Aviso de recollida de enseres
Lembramos que esta mesma noite do martes, 19 de xullo, todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso. A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes, coma vén sendo habitual.
Esta semana Ares arranca con fútbol no Campus Celta de Vigo, mais terminará con moita cultura e máis deporte!
Presentación literaria na Agrupación Instrutiva de Caamouco, cine ao aire libre, travesía a nado, noite branca solidaria… Un VeraneAres que non para!