O rap improvisado chegará a Ares na primeira edición da Batalla de Galos do Concello
As áreas de Cultura e Mocidade presentaron esta mañá unha iniciativa que mellora a oferta lúdica destinada á xuventude. O 3 de setembro, ás 18:00 horas na Praza da Constitución, 8 freestylers galegos enfrontaranse en varias rondas de rimas e música. A concelleira de Cultura, Alma Barrón, e a edil de Mocidade, Noelia Montero, presentaron […]
Ares acolle de novo a exposición sobre os oficios do mar e a actividade litoral
Esta mostra do proxecto colaborativo «Ares e Valdoviño no mar» estará dispoñible diante da casa consistorial ata o próximo luns, 29 de agosto. O pasado mes de xuño, durante a celebración de San Xoán, veciñanza e visitantes puideron achegarse a unha exposición itinerante que debullaba a relación pasada e presente de Ares co mar, afondando […]
O Concello de Ares recibiu unha liña de axudas autonómicas para a realización do proxecto “ARES ULTRAMARINO II”
O Concello de Ares recibiu unha liña de axudas autonómicas para a realización do proxecto “ARES ULTRAMARINO II- GALP2- 182”, cun orzamento total de 17.859,60€ cun pocentaxe de axuda dun 80% ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativas aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de […]
Nesta semana, o #VeraneAres2022 chegará ó municipio con literatura e deporte
Anna Agustí falará de escritura de autoficción na Alianza Aresana, teremos a Regata X Trofeo Golfo Ártabro e, xa o sábado, viviremos unha cita ineludible co Club de Remo de Ares. A XV Bandeira Concello de Ares servirá para darlles toda a forza posible ós rapaces da Santa Olaia!!
A exposición de escultura “Mitoloxías de Oriente e Occidente” achégase á Casa da Xuventude
O traballo artístico de Ramón Casteleiro González, creador da mostra, estará dispoñible nas instalacións municipais dende mañá, martes 23, ata o 31 de agosto. Despois de varias exposicións relacionadas co eido pictórico, a Casa da Xuventude de Ares acollerá unha exposición que cambia de formato e se introduce na escultura. Trátase de “Mitoloxías de Oriente […]
Hoxe toca despedir o Ares Indiano!!
Despois dunha fin de semana de viaxar ao pasado, de lembrar ás persoas que construíron o noso presente e de desfrutar, pechamos a celebración agradecendo a toda a veciñanza e visitantes a súa involucración no evento. Houbo música, caracterizacións, roteiros e unha participación máis que positiva! Edición tras edición, o Ares Indiano medra grazas ao […]
Ares rememora a pegada indiana no municipio a través da cultura e do ocio
A Alianza Aresana acolleu a inauguración oficial do V Ares Indiano, a celebración que pon o foco nos migrantes que marcharon dende a localidade á América. 28 actividades converterán a fin de semana nun viaxe de época ao pasado e unha lembranza das persoas que partiron para traballar por un futuro mellor. A Alianza Aresana, […]
Hoxe quedaron inauguradas as dúas exposicións que se estrean neste Ares Indiano e que estarán dispoñibles ata o 31 de agosto!
Por unha banda, “Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas dos séculos XVI-XVII”, na Agrupación Instrutiva de Caamouco, unha homenaxe aos navegantes galegos e aos inicios da navegación, cedida polo Consello da Cultura Galega. Precisamente á súa apertura acudiu Rebeca Blanco, vogal do Consello. Pola outra, “Retratos de familia” de Delfín Vázquez, nun acto que contou […]
Xa tedes á vosa disposición o stand municipal deste Ares Indiano.
Un punto para atender as vosas dúbidas e adquirir, por exemplo, abanicos, gorros e ata indianitos, un novo dulce elaborado con manteiga, fariña de trigo e de maíz, chocolate e mazá con forma de baúl que comparten os concellos da Asociación de Municipios Indianos do Norte. Se desexas saber máis sobre o patrimonio indiano ou […]
La Llave de Ares: un legado indiano que cumpre 75 anos
A familia Fuentes leva dende mediados do século pasado nun negocio que primeiro foi ferraxería e, agora, estanco e boutique; un negocio que, ademais, aínda mantén o seu vínculo co fenómeno migratorio involucrándose na celebración que se vive nesta fin de semana. No seu esforzo por mellorar a oferta no Ares Indiano, o local implementou […]
Lista admitidxs/excluidxs para a creación dunha listaxe de reserva para a cobertura das eventuais vacantes ou ausencias que se poidan dar nos postos de Limpiador/a Municipal
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA NÚMERO 379/22 DE DATA 18 DE AGOSTO DO 2022 Publicadas as BASES DO PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE RESERVA PARA A COBERTURA DAS EVENTUAIS VACANTES OU AUSENCIAS QUE SE POIDAN DAR NOS POSTOS DE LIMPIADOR/A MUNICIPAL PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS no Boletín Oficial da Provincia […]
Hoxe arranca o V Ares Indiano!
Xa están chegando os postos que se ubicarán no paseo marítimo, os negocios poñen en marcha a decoración de época e contaremos, ao longo do día, coas primeiras actividades da programación desta fin de semana: ÁS 19:30 HORAS, inauguración da exposición “Inventio Mundi”, cedida polo Consello da Cultura Galega, na Agrupación Instrutiva de Caamouco. ÁS […]