Por acordo da Xunta Local de Goberno do día 27-02-2023 aprobouse inicialmente o seguinte Estudo de detalle:

Tipo de instrumento: Estudo de detalle
Ámbito: Parcela lugar de As Regueiras-Caamouco
Instrumento que desenvolve: Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ares
Obxecto: Ordenar volumenes
Clasificación do solo: Solo urbano
Cualificación do solo: Ordenanza 6 “Edificación extensiva” grado C

De conformidade co artigo 80.2 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do Solo de Galicia, así como no artigo 194.2 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública por prazo dun mes contado desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia en un xornal dos de maio difusión na provincia.

Durante o período de información pública, quedará o expediente a disposición de calquera que queira examinalo, aos efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello (dirección https://concellodeares.com).

Así mesmo, suspéndese o outorgamento das seguintes licenzas nas áreas afectadas polo Estudo de Detalle e cuxas novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente, que son as seguintes:

Áreas obxecto de suspensión de licenzas: Tipo de licenza
Parcela catastral 2491008NJ6029S0001LP Licenza      de     parcelamento      de

terreos, edificación e demolición.

A duración da suspensión terá unha duración máxima de dous anos. Este prazo interromperase, con levantamento da suspensión, se, transcorrido un ano, non se somete a exposición pública a proposta de plan.

Transcorrido o devandito prazo non se presentaron alegacións, o documento será elevado para a súa aprobación definitiva, se procede.

 

Ares, un de marzo de 2023 O Alcalde,

Asdo. Julio I. Iglesias Redondo

 

EDICTO APROBACIÓN INICIAL ESTUDO DETALLE-SESELLE en pdf