– PILATES (+14 ANOS)
ONDE: No pavillón polideportivo municipal – Sala
de Usos Múltiples.
CANDO: Luns e mércores de 19:30 a 20:30 horas.
Martes e xoves de 9:30 a 10:30 horas.
PREZO: 19,52 €
– IOGA 1 (+14 ANOS)
ONDE: Na Casa da Xuventude.
CANDO: Luns e mércores de 11:00 a 12:30 horas.
PREZO: 22,23 €
Grupo con tres horas semanais!
– TONIFICACIÓN (+14 ANOS)
ONDE: No pavillón polideportivo municipal – Sala de Usos Múltiples.
CANDO: Luns e mércores de 9:30 a 10:30 horas.
PREZO: 19,52 €
– XIMNASIA CERVÁS (+16 ANOS)
ONDE: Nas instalacións da Gandeira de Cervás.
CANDO: Martes e xoves de 18:00 a 19:00 horas.
PREZO: 17,78 €
– PILATES CHANTEIRO (+16 ANOS)
ONDE: No C.C Outeiro.
CANDO: Luns e mércores de 17:15 a 18:15 horas
(Grupo 1) e de 18:15 a 19:15 (Grupo 2)
PREZO: 17,78 €
– IOGA 2 (+14 ANOS)
ONDE: Na Casa da Xuventude.
CANDO: Luns e mércores de 20:30 a 21:30 horas
(Grupo 1) e de 21:30 a 22:30 (Grupo 2).
PREZO: 19,52 €
Grupo con dúas horas semanais!
– ZUMBA (+14 ANOS)
ONDE: No pavillón polideportivo municipal – Sala de Usos Múltiples.
CANDO: Luns e mércores de 20:30 a 21:30 horas. (Zumba 1)
Martes e xoves de 21:00 a 22:00 horas. (Zumba 2)
PREZO: 19,52 €
– XIMNASIA CAAMOUCO (+16 ANOS)
ONDE: Na Agrupación Instructiva de Caamouco.
CANDO: Martes e xoves de 19:30 a 20:30 horas.
PREZO: 17,78 €
– BAILE LATINO (+16 ANOS)
ONDE: No pavillón polideportivo municipal
CANDO: Todos os xoves de 20:30 a 22:00 horas
PREZO: 13, 35 €
INFORMACIÓN DE INSCRICIÓNS
As solicitudes de inscrición realizaranse na web municipal www.concellodeares.gal, no apartado das Actividades Deportivas Municipais 2022-2023. Estes son os prazos que rexen o proceso de inscrición:
EMPADROAD@S: Do 10 de agosto en adiante ata completar grupos.
NON EMPADROAD@S: Do 24 de agosto en adiante ata completar grupos.
A disponibilidade de praza e o comezo das actividades notificiarase individualmente por correo electrónico ás persoas interesadas.
MATRÍCULAS
Do 1 ao 15 de setembro, ambos inclusive, farase o pagamento da matrícula e da mensualidade destas actividades. Estes son os prezos de matrícula estipulados:
EMPADROAD@S: 9,57 €
NON EMPADROAD@S: 17,93 €
Todas as cuestións relacionadas co funcionamento das actividades/escolas (suxestións, queixas…) tramitaranse directamente cos/cas responsables Técnica/os Municipais da área correspondente.
Procurarase garantir ao máximo a asistencia, comunicando sempre á/ao monitor/a calquera ausencia prevista.
As/os usuarios/as do Ximnasio Municipal disporán dun carné que permitirá o acceso á sala e que se amosará na conserxería do Pavillón antes do acceso ao recinto.
O abono das mensualidades efectuarase por domiciliación ou transferencia bancaria (os recibos emitiranse entre o 5 e o 10 de cada mes) na conta que se indicará unha vez sexa confirmada a praza e aactividade.
As persoas que non renoven o seu pagamento no prazo disposto causarán baixa de forma automática na Escola. Do mesmo xeito, ante a decisión de baixa nunha escola/actividade haberá que comunicalo no Pavillón Deportivo Municipal antes do día 25 do mes en curso,
para evitar problemas ca xestión dos pagamentos. Por esa razón, as devolucións dos recibos supoñen un custe que será aboado polo/a usuario/a que o xenerara.
Aqueles usuarios/as que manteñan algún tipo de débeda no pago dalgunha escola/actividade do curso anterior, deberán efectuar o seu pago. O incumprimento desta norma anula o dereito a inscrición na presente edición.
As actividades deportivas só interrumpirán o seu funcionamento as datas festivas locais ou nacionais.
É responsabilidade de cada usuario/a a aptitude física necesaria para participar nas actividades/escolas convocadas, polo que o Concello de Ares non se fará cargo de ningún dano físico ou moral que poida derivarse da participación nas mesmas.
O Concello resérvase o dereito de anular unha actividade/escola por non ter o número suficiente de participantes (estímase en 10 o número de mínimo de inscritos/as para que dea comezo e/ou continúe unha escola /actividade) e de facer todas as modificación que estime oportunas, para o bo funcionamento das mesmas.
Para máis información e inscricións, podes consultar o apartado dedicado ás actividades municipais deportivas en www.concellodeares.gal ou contactar a través do correo electrónico: deportes@concellodeares.com.
DESCONTOS DE COTAS
– 3 ou máis inscritos da mesma unidade familiar: 50 % na matrícula + 50% na cuota da escola /actividade de menor importe.
– Familia numerosa: 50 % na matrícula + 50 % en todas as escolas/actividades.
– Familias carentes de recursos económicos (solicitude previa, comprobación e informe feito polos Servizos Sociais municipais): De balde.
FORMULARIO DE INSCRICIÓN: https://forms.gle/qq2nSt5JSLcvc4Zc8
INFORMACIÓN ACTIVIDADES en pdf: triptico_actividades_deportivas_municipais-2022-2023