O Concello anuncia as actividades deportivas municipais que se ofertarán a partir de setembro

Comparte esta nota de prensa

Abriranse dous procesos de inscrición: un hoxe, 10 de agosto en adiante para os empadroados/as e outro, xa o 24 de agosto en adiante, para os non empadroados/as, ambos ata completar grupos.

A Concellaría de Deportes vén de informar sobre as actividades municipais que se porán a disposición da veciñanza xa dende o 1 de setembro, ampliando así o número de meses nos que estarán activas.

Despois do verán, Ares contará con varias sesións de pilates tanto no núcleo urbano da vila coma en Chanteiro; ioga na Casa da Xuventude; ximnasia en Caamouco e Cervás e tamén tonificación e zumba no pavillón polideportivo da localidade. O groso desta oferta destínase a maiores de 14 anos e supón unha boa forma de achegarse á práctica deportiva máis aló do calendario escolar, atendendo ás solicitudes feitas polos propios usuarios en anteriores anualidades.

Co adianto das actividades municipais, a inscrición arrancará xa a mediados deste mes en dúas quendas, ambas ata esgotar as prazas asignadas dentro de cada grupo. A primeira quenda arranca hoxe, mércores 10 de agosto, para os empadroados/as e a segunda, xa o 24 de agosto, para os non empadroados/as.

Este proceso de inscrición realizarase de maneira telemática na web municipal www.concellodeares.com, cubrindo o formulario que se atopará no apartado das Actividades Deportivas Municipais 2022-2023. Despois, a área de Deportes comunicará os seguintes pasos administrativos, a disponibilidade de praza e o comezo das actividades individualmente por correo electrónico ás persoas interesadas.

Do 1 ao 15 de setembro, ambos días de comezo e peche inclusive, farase o pagamento de matrícula e da mensualidade destas actividades que se veñen de facer públicas. Haberá tamén dous prezos de matrícula, un para empadroados/as de 9, 57 euros e outro para non empadroados de 17,93 euros.

TRES TIPOLOXÍAS DE DESCONTOS

Por último, de cara a axudar no acceso á oferta deportiva municipal, o Concello habilitará tres tipos de descontos nas cotas das actividades:

Con 3 ou máis inscritos da mesma unidade familiar: 50 % de desconto na matrícula + 50 % de desconto na cota da actividade de menor importe.
Familia numerosa: 50 % de desconto na matrícula + 50 % de desconto en todas as actividades.
Familias carentes de recursos económicos (require solicitude previa, comprobación e informe emitido polos Servizos Sociais municipais): de balde.

Dende a Concellaría de Deportes expoñen que a partir de setembro completarase a oferta do municipio para os vindeiros meses coa difusión das tradicionais escolas deportivas municipais, que terán o seu comezo en paralelo ó curso escolar e rematarán o 31 de maio.

INFORMACIÓN ACTIVIDADES en pdf
triptico_actividades_deportivas_municipais-2022-2023

FORMULARIO DE INSCRICIÓN:
https://forms.gle/qq2nSt5JSLcvc4Zc8

Pódeche interesar

Notas de prensa

Mestra no Concepción Arenal da Habana, primeira muller en ocupar a Vicepresidencia da Sociedade Fillas de Galicia creada para defender ás emigrantes galegas de calquera abuso e participante no I Congreso de Mulleres de Cuba de 1923, Andrea López Chao foi unha desas referentes que loitou por avanzar na sociedade do século XX.

A súa defensa do sufraxio feminino e da igualdade entre homes e mulleres expoñen a importancia de homenaxeala, xusto como se fixo o domingo pasado