A banda de música E.E Zunft Zu Weinleuten de Basilea estivo este sábado percorrendo xunto á Rondalla Trovadores de Ares o paseo marítimo!

Comparte esta nota de prensa

As súas actuacións exemplificaron o irmanamento que se realizou en 2017 e que mantén os vencellos entre a nosa localidade e Suiza.

A E.E Zunft Zu Weinleuten de Basilea atópase activa dende o 1233, ano da súa fundación da man do gremio de produtores e comerciantes de viño, e perdura ata a actualidade. Esta banda de música desexa conservar as tradicións da rexión do Alto Rhin e dona parte dos seus ingresos a actividades de mellora e promoción da zona.

En próximas datas, tamén haberá unha delegación de Ares visitando Basilea e amosando o intercambio e unión de ambos territorios!

 

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,