O Mosteiro de Santa Catalina acollerá o concerto da banda de música Charamela

Comparte esta nota de prensa

O venres, 12 de agosto, temos unha cita coas versións de cancións pop-rock da banda de música Charamela, dende Pontedeume! O Mosteiro de Santa Catalina será o espazo elixido para promover esta actuación, organizada conxuntamente a través do Concello de Ares, a Deputación da Coruña e a Asociación de Amigos do Mosteiro.

Xa sabes: esperámoste ás 20:30 horas nunha contorna espectacular para desfrutar da música e da cultura!

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Unha xornada de pesca e tradición en Chanteiro

Compartimos algunhas imaxes do XXXIII Concurso de Pesca Deportiva, organizado polo Centro Cultural Outeiro de Chanteiro en homenaxe a Lolo do Outeiro e Andrés Pedre.