Por acordo da Xunta Local de Goberno do día 27-02-2023 aprobouse inicialmente o seguinte Estudo de detalle:
| Tipo de instrumento: | Estudo de detalle | 
| Ámbito: | Parcela lugar de As Regueiras-Caamouco | 
| Instrumento que desenvolve: | Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ares | 
| Obxecto: | Ordenar volumenes | 
| Clasificación do solo: | Solo urbano | 
| Cualificación do solo: | Ordenanza 6 “Edificación extensiva” grado C | 
De conformidade co artigo 80.2 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do Solo de Galicia, así como no artigo 194.2 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública por prazo dun mes contado desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia en un xornal dos de maio difusión na provincia.
Durante o período de información pública, quedará o expediente a disposición de calquera que queira examinalo, aos efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello (dirección https://concellodeares.com).
Así mesmo, suspéndese o outorgamento das seguintes licenzas nas áreas afectadas polo Estudo de Detalle e cuxas novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente, que son as seguintes:
| Áreas obxecto de suspensión de licenzas: | Tipo de licenza | 
| Parcela catastral 2491008NJ6029S0001LP | Licenza      de     parcelamento      de terreos, edificación e demolición. | 
A duración da suspensión terá unha duración máxima de dous anos. Este prazo interromperase, con levantamento da suspensión, se, transcorrido un ano, non se somete a exposición pública a proposta de plan.
Transcorrido o devandito prazo non se presentaron alegacións, o documento será elevado para a súa aprobación definitiva, se procede.
Ares, un de marzo de 2023 O Alcalde,
Asdo. Julio I. Iglesias Redondo
EDICTO APROBACIÓN INICIAL ESTUDO DETALLE-SESELLE en pdf
- 00 INDEX:
- 01 MX:
- 02 PINF:
- 03 PORD:
 
				 
														
