VeraneARES DEPORTIVO 2023

Comparte este evento

Descubre as principais propostas deportivas municipais

ENLACE FORMULARIO INSCRICIÓNS: O período de inscrición abrirá este luns, 12 de xuño, ata o luns, 19 (no caso de empadroad@s). Dende o 21 en adiante, poderán solicitar prazas o resto de persoas.

CAMPAMENTO DEPORTIVO URBÁN:

  • Nenas e nenos de 6 a 12 anos ( Poderán tomar parte só os nen@s con 6 anos ou que os cumpran no ano 2023.
  • Convócanse 50 prazas.
  • De luns a venres, de 10 a 13h. no pavillón deportivo municipal e espazos exteriores da vila (parques, prazas, praia).

Prezos:

  • QUINCENAIS: 31,31€ (empadroad@s)  52,18€(non empadroad@s).
  • MENSUAIS: 57,39€ (empadroad@s)  99,13€(non empadroad@s).

(No caso de dúas ou máis inscricións por núcleo familiar aplicarase un desconto dun 25% na segunda e sucesivas inscricións).

XOGOS NAS PARROQUIAS:

  • De 4 anos a 9 anos de idade. 12 prazas por parroquia.
  • CERVÁS: martes e xoves de 11 a 13h. na pista do CIRS de Cervás.
  • CHANTEIRO: luns e mércores de 11 a 13h. na pista do CCOuteiro de Chanteiro.
  • REDES: martes e xoves de 11 a 13h. Na Instructiva de Caamouco e contorna( so na quenda 3: do 1 ao 10 de agosto).

Prezos:

  • QUINCENAIS: 15,65€ (empadroad@s)  31,31€(non empadroad@s).
  • MENSUAIS: 26,09€ (empadroad@s)  57,39€(non empadroad@s).

(No caso de dúas ou máis inscricións por núcleo familiar aplicarase un desconto dun 25% na segunda e sucesivas inscricións).

XUVENTUDE VERÁN ACTIVO: VeraneAres 2023

MANEXO DE DRONES, PADELSURF, KAIAK, JIU-JITSU, GRAPPLING, VOLEIPRAIA, PADEL, TENIS DE MESA, DANZAS URBANAS.

  • Para a rapazada de 12 A 16 ANOS( Poderán tomar parte con 12 anos cumpridos ou que os cumpran no ano 2023) .
  • De luns a venres, de 11 a 13h. En distintos espazos según as actividades a desenvolver na xornada e que serán comunicadas antes do comezo das actividades a cada participante en forma de planing quincenal. ( a actividade de kaiak e padelsurf será sempre no Club Marítimo de Redes)
  • 12 prazas por quincena.

Prezos: 45 € empadroad@s e 75 €/mes non empadroad@s). Inclúe os materiais para as distintas actividades. (No caso de dúas ou máis inscricións por núcleo familiar aplicarase un desconto dun 25% na segunda e sucesivas inscricións).

INFORMACIÓN ADICIONAL, TRÁMITES E INSCRICIÓNS:

  • Tres quendas ou quincenas: A primeira quenda do 3 ao 14 de xullo, a segunda quenda do 17 ao 31 de xullo e a terceira do 1 ao 14 de agosto ( agás en Redes onde so haberá terceira das quendas en Xogos nas parroquias) Existe a posibilidade no momento da inscrición, de apuntarse a un mes completo, previo pago por adiantado do importe. Non se reservarán inscricións dunha quincena para a outra, sendo preciso inscribirse formalmente nos períodos dispostos.
  • Información e Inscricións, a través da web concellodeares.gal, no apartado VeraneARES deportivo 2023, onde poderase descargar o formulario de inscricións e facer a solicitude oficial. As prazas cubriranse por rigurosa orde de inscrición, ata esgotar as prazas, da forma que segue:
    • Empadroad@s, ou nen@s con titores empadroad@s: Do 12 ao 19 de xuño.
    • Resto: Do 21 de xuño en adiante.
  • Procedemento de pago: Unha vez confirmada a disponibilidade de praza, haberá un período de pagamento que será efectuado por transferencia bancaria nun número de conta destinado ao efecto que comunicaráselle xunto ca aceptación da solicitude de participación. IMPORTANTE: Indicar no concepto do ingreso: O nome do participante, quenda ou mes no que vai a asistir, e actividade na que tomará parte.
  • Equipo e material recomendado: equipamento deportivo: pantalón curto, suadeira, camiseta, calcetíns, zapatillas de deporte, toalla. Protección solar.
  • No caso de que os participantes cheguen por libre á actividade ou marchen eles sós, deberán comunicalo previamente ós responsabeis no momento da inscrición, cubrindo unha autorización ó efecto. Nos demáis casos a persoa que leve ou recolla ós nenos identificarase ós monitores.

MÓVETE VERANEARES2023:

ZUMBA-ARES:

  • Ven, e móvete con nós!. DE BALDE.
  • Todos os xoves durante o mes de xullo e primeira quincena de agosto, de 20,30 a 21,30, na Praza da Constitución.
  • Sen límite de prazas. Inscricións por xornada, mediante solicitude de participación, ata as 11 h do día anterior á actividade, chamando ao teléfono da OMIX: 981448057 ou inscribíndose na Alianza Aresana ( de luns a venres de 9 a 13 horas)

BAILES LATINOS:

  • Ven, e móvete con nós!. DE BALDE.
  • Todos os martes durante o mes de xullo e primeira quincena de agosto, de 20,30 a 21,30, na Praza da Constitución.
  • Sen límite de prazas. Inscricións por xornada, mediante solicitude de participación, ata as 11 h do día anterior á actividade, chamando ao teléfono da OMIX: 981448057 ou inscribíndose na Alianza Aresana ( de luns a venres de 9 a 13 horas)

 

 

Pódeche interesar...

Eventos

Vive o Nadal, Vive Ares

ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE NADAL 2024: https://forms.gle/KCwadgrJmuqLCTtE7 ACTIVIDADES NA CASA DA XUVENTUDE NADAL 2024: https://forms.gle/5hpLn3MVSfWSBh1v5 OBRADOIROS DE NADAL NA BIBLIOTECA 2024: https://forms.gle/1tgkGSrzLD4LWs3i6   MÉRCORES, 4 DE

Eventos

MercAres 2024-2025

CAMPAÑA DE APOIO AO PEQUEÑO COMERCIO E Á HOSTELERÍA DE ARES 1 de decembro do 2024 ao 31 de xaneiro do 2025 BASES DE PARTICIPACIÓN