COIDADOS PORTA A PORTA

Comparte este evento

SERVIZOS

Estimulación da memoria

Podoloxía

Audioloxia

Levamos servizos asistenciais ás persoas maiores no rural para a prevención da dependencia.

Prestamos servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria.

Percorremos os concellos para que os maiores poidan permanecer coidados na súa contorna.

 

INFORMACIÓN E CITA PREVIA

Teléfonos: 622 748 283 – 623 546 992

Email: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

 

ESTIMULACIÓN DA MEMORIA

A alta incidencia de deterioro cognitivo en persoas maiores fai aconsellable a valoración cognitiva e a intervención terapéutica como forma de previr e aminorar o proceso.

  • Estimulación COGNITIVA
  • Estimulación FUNCIONAL
  • Prevención da DEPENDENCIA mediante hábitos de vida saudables
  • Promoción do ENVELLECEMENTO ACTIVO

PODOLOXÍA

O coidado do pé adquire importancia co paso dos anos. Permite garantir autonomía e previr patoloxías que poidan resultar en complicacións médico-cirúrxicas.

  • CONSULTA BÁSICA de podoloxía
  • Corte e limpeza de UNLLAS
  • Eliminación de DUREZAS, CALOSIDADES e HELOMAS
  • Valoración do ESTADO XERAL DO PÉ

AUDIOLOXÍA

O deterioro auditivo pode afectar á integración sensorial e resultar nunha menor socialización. A revisión é importante para a prevención.

  • CONSULTA BÁSICA de audioloxía
  • EXPLORACIÓN funcional da audición
  • PREVENCIÓN da perda auditiva

Pódeche interesar...

Eventos

OS MAIOS EN ARES 2026

1 de maio no parque Rosalía de Castro. Dende as doce do mediodía comezaremos facendo os MAIOS. Podedes participar, facelo voso, traer tuia, piñeiro… Deseguido,

Eventos

Festividade de San Xosé Obreiro 2026

Data: 1 de maio de 2026 Lugar: Ares (A Coruña) Programa de Actividades 11:00 h – Pasarrúas A cargo do Grupo de Gaitas Trouleada. 19:00