SENDAres 2023-2024

Comparte este evento

FORMULARIO DE INSCRICIÓN RUTA 6: POLO SOR – https://forms.gle/2z7xTAiSvdRNNmYt9

APRETURA DE PRAZO DE INSCRICIÓN: a partir do martes 30 de xaneiro, ás 18:00 horas

NORMATIVA DO PROGRAMA
  • Esta programación de sendeirismo pretende propiciar o desenvolvemento da actividade física no medio rural, axudar a establecer formas de vida saudables e promover o coñecemento da nosa contorna dende unha percepción activa.
  • Está dirixido a calquera persoa maios de 12 anos. No caso de menores de idade, deberá participar sempre baixo a tutela dun adulto responsable, que deberá ser comunicado no momento da inscrición.
  • As inscricións realizaranse para cada actividade por separado na forma e prazos establecidos. Rematado o prazo, elaborarase un listado de participantes e unha lista de garda que se empregará no caso de que houbera baizas.
  • Para formalizar a inscrición é preciso acceder á web municipal (www.concellodeares.gal) e premer en SendAres 2023; desta maneira enviarase a solicitude de participación. As solicitudes quedarán rexistradas por orde de inscrición, de cara a confeccionar os listados de cada ruta en base a este criterio.
  • Unha vez confirmada a praza a cada solicitante, indicarase a forma de pagamento. Cada ruta ten un prezo distinto no que se incluirá servizos de guía, seguros e transporte.
  • Os desprazamentos serán sempre en microbuses, saíndo e regresando ós puntos establecidos previamente. Por norma xera, partirase da Praza da Igrexa de Ares. Nas viaxes será obrigatorio empregar a máscara de hixiene sanitaria.
  • Cada participante deberá levar a súa mochila cos elementos necesarios para a ruta, sen esquecer o seu avituallamento persoal, amais do calzado e da roupa adecuada á práctica deportiva.

PROGRAMA SENDAres 2023-2024 en pdf

 

 

Pódeche interesar...

Eventos

CAMIÑA POLA IGUALDADE! 2024

9 DE MARZO Saídas e chegadas dende a praza da constitución Elixe o teu percorrido e inscríbete! RUTA 1: Andaina – 10 kms aprox. –

Avisos

ENTROIDO 2024

Mércores 14 de Febreiro Praza da Constitución en caso de choiva na posta exterior do CPI As Mirandas A partires das 17h. Inchables Ares de