VI CONCURSO DE MICRORRELATOS – DÍA DO LIBRO

Comparte este evento

23 DE ABRIL DE 2026

Dende o EDLG do CPI As Mirandas e a Concellaría de Cultura do Concello de Ares lanzamos o VI Concurso de escritura creativa de Microrrelatos.

A través del podedes deixar voar a vosa imaxinación e trasladarnos a vosa creatividade. O concurso consistirá en crear un microrrelato de tema libre en galego a partir dunha das seguintes frases propostas. A frase que elixades será o comezo do microrrelato.

FRASES PROPOSTAS

  • Quero ser Morgana para…

  • A mamá un día decidiu que non quería coser máis.

  • O 12 de agosto o tempo parou durante dous minutos.

  • Begoña tece o seu desexo de Liberdade.

  • Aquel roto no meu pantalón favorito era estraño.


BASES

  • O microrrelato terá a extensión limitada a 200 palabras. Deberá levar obrigatoriamente un título.

  • O límite de envío do número de microrrelatos por participante será de dous, sempre e cando se cumpran os criterios establecidos nas bases.

  • O/a participante fará constar no mesmo o seu nome e apelidos, idade e curso así como un teléfono e correo electrónico de contacto.

  • Poderán participar mozos e mozas empadroadas en Ares e alumnado do CPI Mirandas.

  • Os gañadores/as da pasada edición non poderán concursar a premio nesta convocatoria pero si participar.

CATEGORÍAS

  • Categoría A: alumnado de primaria (4º, 5º e 6º)

  • Categoría B: alumnado de ESO

FORMA DE PARTICIPACIÓN E PREMIOS

  • Envío por email aos correos: tesmoitalingua@gmail.com ou cultura@concellodeares.com

  • Entrega física no CPI As Mirandas ou na Biblioteca Municipal nos horarios habituais de apertura.

  • Último día de entrega: 23 de abril (hora límite: 19:30 h).

  • Premios: Haberá 1 gañador/a (premio: tablet ou ebook) e 1 finalista en cada categoría (lote de libros).

  • Xurado: Estará composto por profesorado do CPI as Mirandas e por unha persoa proposta pola Concellaría de Cultura.

  • Entrega de premios: O acto celebrarase o mércores 29 de abril ás 18:30 h no salón de actos da Alianza Aresana.


Organizan: Concello de Ares (Concellaría de Cultura, Deportes, Mocidade e Patrimonio), CPI As Mirandas e Equipos de Dinamización da Lingua Galega.

VI CONCURSO DE MICRORRELATOS. DÍA DO LIBRO – BASES en pdf

Pódeche interesar...

Eventos

OS MAIOS EN ARES 2026

1 de maio no parque Rosalía de Castro. Dende as doce do mediodía comezaremos facendo os MAIOS. Podedes participar, facelo voso, traer tuia, piñeiro… Deseguido,

Eventos

Festividade de San Xosé Obreiro 2026

Data: 1 de maio de 2026 Lugar: Ares (A Coruña) Programa de Actividades 11:00 h – Pasarrúas A cargo do Grupo de Gaitas Trouleada. 19:00