Son moitas as persoas que deciden camiñar pola súa area dourada e sentar nas súas rocas nunha tarde de sol ou mesmo tras unha camiñada polos seus enamoradizos carreiros. A praia é unha das máis pequenas da vila, conta con 130 metros de longo e 15 metros de ancho e por este motivo é elixida por moita xente que busca exclusividade e calma. Ademais, ofrece protección dos ventos, xa que está encaixada nos cantís e ofrece vistas espectaculares da ría da Coruña. Con características similares súmanse a praia de Estacas e Centeás que se atopan a aproximadamente 1 quilómetro.