Os Tres Reis Magos marcaron o peche festivo en Ares.

Comparte esta nota de prensa

A nosa localidade foi seleccionada como un dos destinos que Melchor, Gaspar e Baltasar elixiron para coñecer os desexos dos máis pequenos. A pesar das inclemencias meteorolóxicas, durante a tarde do venres, os Reis Magos saudaron e achegáronse a aqueles que esperaban a súa chegada nas parroquias e tamén no centro urbano do municipio, na recepción oficial que tivo lugar dentro da biblioteca municipal, con tronos e paxes incluídos, quen prestaron a súa axuda neste esperado encontro.

As Súas Maxestades non só clausuraron a programación navideña municipal, senón que tamén despediron un Nadal aresán caracterizado pola promoción da cultura, a práctica deportiva e os bos propósitos para o novo ano.

A cabalgata levouse a cabo coa colaboración entre a Concellaría de Cultura, a Sociedade Cultural O Tilo e a agrupación de voluntarios de Protección Civil.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña