O servizo do “ConciliAres” inicia as súas actividades

Comparte esta nota de prensa

Este luns, a área de Benestar e Igualdade puxo en marcha o programa de conciliación laboral e familiar do “ConciliAres”. Este servizo está dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, ofrecendo 50 prazas por quincena e enfocándose no coidado dos máis pequenos.

Durante as mañás de xullo e agosto, os nenos e nenas terán a oportunidade de participar nun amplo programa de actividades lúdicas e educativas. Estas actividades impartiranse principalmente na pista cuberta do CPI As Mirandas, pero tamén se aproveitarán distintos espazos exteriores do municipio. Desde manualidades ata xogos simbólicos e animación á lectura, fomentarase a interacción entre os nenos e nenas, a aprendizaxe a través do xogo e o desenvolvemento da súa imaxinación. Estes serán os piares fundamentais do programa “ConciliAres”.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.